Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

xoves, 2 de novembro de 2017

Outro ano máis chegou o SAMAÍN ao colexio da Ponte.

Como estamos a traballar Os Castelos en todo o centro… pantasmas, bruxas, morcegos,... non tiña duda.

Suxeriuse  decorar as cabazas do concurso contando co mundo dos castelos, e que as acompañara unha rima.

Decoramos portas, aulas e corredores.

O corredor da planta baixa tiña as cabazas alumeando.
Tiñamos unha morea de Contos de Medo preparados para ler e tremer.
O martes 31 o centro metía medo. Zombis, monstros, bruxas, pantasmas por todas partes.
Logo da votación da cabaza gañadora, os alumnos e alumnas de 6º de primaria foron amosándoa por todas as clases xunto co premio, 
un libro de monstros en inglés.

Rematamos o día pasando, o que quixera, polo 
Túnel do Medo e cantando, contando e dramatizando terroríficas historias.
Podedes ver máis neste enlace

martes, 24 de outubro de 2017

Conmemoración Día das Bibliotecas Escolares

OOOLA!
Hoxe estou contento a rabiar!
Xa me parecía a min que ía ser un chisco difícil escoller soamente un marcapáxinas.
Déixovos unhas cantas fotos de cando os escollestes.

NON SEI CAL ESCOLLER!






Xa están preparadas as mochilas viaxeiras para todos os cursos de primaria.
MOCHILAS VIAXEIRAS

Mirarei con atención o que escribides nos cadernos viaxeiros para saber que é o que máis vos gusta e as vosas suxerencias.
Comezamos a viaxe!


Xa está colgado o cartel da Biblioteca Infantil que fixestes entre todos.

Sodes uns artistas fenomenales!

FELIZ DIA DAS BIBLIOTECAS!

ATA PRONTO!

luns, 23 de outubro de 2017

Exposición marcapáxinas.

OOOLA!

Xa tedes colgados no panel da biblioteca todos os marcapáxinas que fixestes para agasallar a outro lector ou lectora do colexio e celebrar así o
Dia da Biblioteca.

Ide botándolle unha ollada os que máis vos gusten.

Mañá poderedes escoller un marcapáxinas entre  todos os deseños que fixestes.

Son todos tan especiais que eu non sabería con cal quedarme.
ATA PRONTO!

venres, 29 de setembro de 2017

BENVIDA 17-18

OOOLA!!
XA ESTAMOS DE VOLTA.
POR FIN TEMOS AULA PARA A BIBLIOTECA!!!!!
TEDES QUE TER UN POUQUIÑO DE PACIENCIA, PORQUE VAINOS LEVAR UN POUQUIÑO  TEMPO PREPARALA.
XA IREDES VENDO PASENIÑO OS CAMBIOS.

AINDA QUE NON POIDADES ENTRAR, 
POLO DE AGORA,
 CONTINUAREMOS PROPOÑÉNDOVOS ACTIVIDADES.
ATA LOGO!!!

domingo, 9 de xullo de 2017

Despedida Voluntari@s

OOOLA!!
XA REMAOU UN CURSO MÁIS.




DESPEDIMOS AOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA COA ENTREGA DO SEUS MERECIDOS DIPLOMAS, AS CAMISETAS, AS LIBRETAS E UNS LIBROS DE AGASALLO.


.ESTOU CONTENTO A RABEAR!!!.
OS VOLUNTARIOS/AS DE 5º CONTAN CONTINUAR AXUDANDO NA BIBLIOTECA O PRÓXIMO CURSO.
 
COMO ESTE CURSO A MAIORÍA DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA AXUDOU A ORDENAR OS LIBROS NOS ANDEIS,
 HOUBO TAMÉN PARA ELES UN PEQUENO AGASALLO.
DÉIXOVOS UNHA MOSTRA DESE ACTO.

ESTA ÚLTIMA MENSAXE É PARA AGRADECERVOS TODO ESE TRABALLO VOLUNTARIO QUE LLE ADICASTES Á BIBLIOTECA.



BO VERÁN, E APROVEITADE PARA LER MOITO!!
 .¡¡GRACIÑAS!!