Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 21 de novembro de 2018

Concerto didáctico.


O pasado luns 19 de novembro o alumnado de 3° e 4° curso de primaria fixo unha saída a Pontevedra.
De camiño ao auditorio da Sede de Afundación, pararon  no mural pintado na rúa Eduardo Pondal lembrando a Mª Victoria García Moreno.
O título do Concerto Didáctico musical que foron ver era

"El mágico planeta de los instrumentos insólitos"

Presentábao  a compañía Fetén Feténformada polos músicos Jorge Arribas e Diego Galaz. 
Gozaron moito co espectáculo que lles ofertaron. 
Descubriron moitos instrumentos ben curiosos,  algúns deles feitos con material de refugallo.
 
Cantaron e ata bailaron a jota e a tarantela dende as  súas butacas! 
Foi un día “fetén”

venres, 16 de novembro de 2018

Magosto 2018

OOOLA!!
QUE SORTE TIVEMOS HOXE CO TEMPO NO MAGOSTO!
ESTE CURSO CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS QUE QUIXERAN E POIDERAN A COMPARTIR CON NÓS OS XOGOS TRADICIONAIS NA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO COLEXIO.

XOGAMOS AOS XOGOS CLÁSICOS DO NOSO MAGOSTO E AOS TRADICIONAIS QUE NOS LEMBRARON ALGÚNS FAMILIARES COMO XOGAR.
FOMOS ROTANDO POLOS DISTINTOS XOGOS E APRENDENDO MOITOS OUTROS, QUE HAI NADA, XOGABAN OS NOSOS MAIORES.
XOGAMOS CON BOLAS,  BUXAINAS,  CHAPAS, CON CAROZOS, COS ZANCOS, Á GOMA, Á BILLARDA, COS AROS E POR SUPOSTO
 NON FALTARON AS  CARREIRAS DE SACOS.
 DESPOIS DE TANTO XOGO HABÍA FAME E AS CASTAÑAS VOARON.
AGASALLAMOS ÁS FAMILIAS CUN DIPLOMA.



COMO MANDA A TRADICIÓN,

 O QUE MÁIS E O QUE MENOS ACABOU TISNADO.

luns, 12 de novembro de 2018

Roteiro Patrimonio Ponte Sampaio


Hoxe contamos coa visita de Damián e Miguel, dous expertos en patrimonio e bioloxía que  nos falaron da diversidade do patrimonio natural e histórico de Ponte Sampaio.

Saímos dar unha volta pola contorna.
  
Aprendimos cousas moi interesantes sobre a  nosa localidade e do Camiño de Santiago portugués, que pasa por aquí.
 Aprendimos tamén moito sobre a fauna e a flora da marisma do río  e diferenzas entre especies alóctonas invasoras.

Rematamos na Illa de Medal. Que ben sabía a merenda alí!

   O domingo 18 haberá un roteiro para todo o que queira. 
   Poderedes  aprender máis cousas sobre o patrimonio de Ponte Sampaio en familia.

Saída micolóxica.


Outro curso máis contamos no tempo do outono coa colaboración da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra.




Logo de ter unha pequena charla co alumnado de 1º de primaria e 6º de infantil saímos pola contorna do colexio na procura de cogomelos.
 
Despois de tanta choiva, e co sol destes dous días, o tempo era bastante propicio para atopar moitos cogomelos.


   Paseniño, paseniño apañamos bastantes cogomelos.




Ao final axudamos a Jaime, de Brincabois, a colocar os cogomelos que quedaron expostos e clasificados coa súa etiqueta os exemplares que atopamos para que o resto do alumnado e as familias puideran compartir a colleita e o que aprendemos.
 Se queredes podedes atopalos na entrada do colexio. 

xoves, 1 de novembro de 2018

Samaín

Esta semana foi curta, pero moi intensa.
Comezou cun obradoiro de Samaín  na aula de tres anos coa colaboración das familias.


Os voluntarios e voluntarias decoraron o colexio con moitos pantasmas e axudaron a montar a exposición das cabazas terroríficas na entrada. 
Non faltaron "cabazas peregrinas".
O martes 5º e 6º de primaria foron ver a obra de teatro “De los cuentos a las cuentas” na sede Afundación en Pontevedra.


 No colexio houbo varios obradoiros simultáneos do Samaín co alumnado de infantil e primaria.

Despois de facer seis grupos inter-niveis, 
todos foron rotando polas distintas aulas a gozar dos distintos obradoiros preparados 

 Xogos no ximnasio 

   PócemaS Máxicas na aula de catro anos.  
        Maquillaxe na clase de primeiro.     
         Cociña na aula de cinco anos.     

     Relatos terroríficos na clase de segundo.     

   Manualidades na aula de tres anos.  



Finalizamos a semana facendo arañas, pantasmas e cabazas con froita en todas as aulas para facer boca antes do percorrido polo Túnel do terror. 


Despois de pasar todos e todas os que quixeron polo "túnel do terror", a escuras ou xa coa luz prendida

  fixemos unha pequena celebración na que houbo cancións, relatos, pócemas, chistes e unha representación dunha obra “terrorífica” dos voluntarios/as da biblioteca.