Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 1 de novembro de 2019

SAMAÍN


Outro ano máis chegou o Samaín ao colexio de PonteSampaio, máis este curso cun toque de Cine.



Preparamos relatos terroríficos, tivemos unha exposición cunha escolma de libros de bruxas, pantasmas, mostruos, vampiros, cabazas, e os favoritos foron os libros de "Mortiña" e o de "Los calzoncillos maléficos".

Colaboraron as familias preparando cos seus fillos e fillas unhas cabazas de medo, cun toque cinematográfico, como non! 
Houbo obradoiros de Cociña terrorífica, Contos de medo, Maquillaxe, Manualidades e proxeccións de Curtas de medo.

Nestes obradoiros participou todo o alumnado en grupos de distintos niveis que ían rotando dun obradoiro a outro. Parabéns para o alumnado voluntario de 5º e 6º curso de primaria que en todo momento estivo pendente dos máis cativos, tanto nos obradoiros como no túnel do terror.

Ao ser o segundo curso que se facía tivemos en conta as propostas de mellora do ano pasado.
Este curso quedou moi lucida a decoración do túnel do terror e a dramatización que fixeron nel os voluntarios.
Rematamos esta semana curta con cancións, conxuros e bailes terroríficos.
Parabéns para Noa, Xiana e Anxo que acadaron premios polas súas cabazas de película: "It", "BB8" e o primeiro premio para Anxo coa súa Cabaza dos "Cazafantasmas".
Non esquezades alumear as vosas casas coas cabazas  pola noite...
Agradecementos á Comunidade Educativa pola súa colaboración coas cabazas, os traxes e nos obradoiros deste curso. Graciñas!
Ahí vos queda un resumo en imaxes destas xornadas: preme a imaxe!!
Preme a imaxe!

sábado, 26 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO

OOOLA!! 
OUTRO ANO MÁIS CELEBRAMOS O Día das Bibliotecas Escolares, ESTE É O PROGRAMA:

ESTA VEZ TODO XIROU AO REDOR DO CINE, XA QUE ESE É O PROXECTO ANUAL QUE ESTAMOS A TRABALLAR NO NOSO CENTRO. 
FIXEMOS UNS TAUMATROPOS QUE LEVAMOS PARA CASA.
Taumatropo. BiblioPinco 1920

PODES MONTALO E VER QUE PASA CANDO XIRA O CÍRCULO.
TEÑO QUE FELICITAR A TODO O ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA QUE CONTINÚAN, UN CURSO MÁIS DÁNDOME UN RESPIRO CON TODO O TRABALLO QUE HAI QUE FACER NA MIÑA CASA.
REPARTIRON AS MALETAS VIAXEIRAS, COMPARTIRON AS MIÑAS AVENTURAS NO PAÍS DOS LIBROS;    CONTARON O CONTO DE "Carabuñas",

PRESENTÁRONME AO NOVO ALUMNADO E FALARON DAS NORMAS DA BIBLIO. 
DÉIXOVOS UN RESUMO CON IMAXES PARA QUE O VEXADES:
Preme este texto para ver máis
ESTOU ENCANTADO DE TER COÑECIDO A RAPAZADA QUE COMEZÓU ESTE CURSO NO COLE.
ABURIÑO!

venres, 25 de outubro de 2019

OOOLA!! 

MENUDO CONCERTAZO O MÉRCORES NO PAZO DA CULTURA!
"Teranga. El legado de los griots de Senegal"DO GRUPO Djilandiang.
O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA QUEDOU ENTUSIASMADO.

COÑECERON UNHA PARTE DA CULTURA AFRICANA A TRAVÉS DUN GRUPO DE MOZOS-AS QUE QUEREN MANTER VIVO O SEU LEGADO CULTURAL.
TAMÉN GOZARON DA VISITA GUIADA A EXPOSICIÓN Con D de Arte, DE Afundación
ABURIÑO!

mércores, 9 de outubro de 2019

Plan Director

Como xa ven sendo habitual,  dende o centro solicitouse outro curso máis a colaboración da Policía Nacional, dentro marco do PLAN DIRECTOR para a convivencia y mejora de la seguridad en los centros educativos y sus entornos.
 
Viñeron dous Policías Nacionais da Comisaría de Pontevedra ao colexio para dar unha charla de formación sobre problemas de seguridade e sobre os dereitos e liberdades fundamentais, valores e dignidade entre homes e mulleres e ciberacoso. Un deles xa é coñecido por ter vido varios anos seguido.
Falaron co alumnado 5º de primaria do acoso escolar, da violencia sobre a muller e a discriminación e de riscos asociados ás novas tecnoloxías entre outros.

Miraron un corto sobre o acoso e xurdiron varias cuestións interesantes.

A atención dos alumnos e alumnas foi total.

Recibiron uns folletos e guías con consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso da internet e unha tarxeta cun adhesivo para por na cámara web do ordenador.



Deixámosvos un enlace doutro corto feito como material deste plan.
Esperamos que tomen nota destes consellos necesarios para a súa seguridade.

sábado, 28 de setembro de 2019

OOOLA!! 
ESTA ÚLTIMA SEMANA DE SETEMBRO NAS AULAS DE MOITOS COLEXIOS ESTIVERON NA PROCURA DE INFORMACIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO, AS AGRESIÓNS QUE ESTÁ A SUFRIR O NOSO PLANETA E QUE PODEMOS FACER NÓS PARA ENMENDALO.
HAI MÁIS DE 40 ANOS, O CANTANTE BRASILEIRO ROBERTO CARLOS COMPUXO A CANCIÓN “PROGRESO”  QUE MÁGOA!, FOI PROFÉTICA.
ESCOLLÉMOLA PARA ESCOITAR, REFLEXIONAR E CANTAR TOD@S XUNT@S NO XIMNASIO AO REMATE DA SEMANA.

AÍ TEDES O RESUMO DAS VOSAS APORTACIÓNS DESTA INTENSA SEMANA.
POLO MOMENTO QUEDAN NO MURAL DA ENTRADA.


ABURIÑO!