Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

domingo, 13 de novembro de 2022

Magosto

   OOOOLA!! 
  


MENOS MAL QUE CHEGOU O VERANIÑO DE SAN MARTIÑO E FIXO UN DÍA FANTÁSTICO CON SOL E  TEMPERATURA ESTUPENDA PARA GOZAR DAS ACTIVIDADES DO MAGOSTO NA COMPAÑA DAS FAMILIAS.

NO CUBERTO XOGAMOS COAS CHAPAS, ESCRIBIMOS O NOME DENTRO E  BOTAMOS UNHAS CARREIRAS

APRENDEMOS XOGAR ÁS BOLAS NO AREEIRO


APROVEITANDO A HERBA BEN CORTADIÑA, BOTAMOS UNHAS BOAS  CARREIRAS COS SACOS E UNHA RISAS

  TENTAMOS BAILAR O TROMPO, PROBAMOS VARIAS VECES SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS QUE NOS DABAN E AS VECES CONSEGUIMOS QUE BAILARAN

 

XA LEVAMOS UNS CURSOS PROBANDO A RODAR OS AROS,

  NIN TAN MAL  

A NOVIDADE DESTE ANO FOI O DESCUBREMENTO DOS CARRIÑOS 



QUE TIVERON UNHA GRANDE ACOLLIDA POLA NOVIDADE E POLO DIVERTIDO QUE ERAN

  

COS ZANCOS DE CORDEIS ANDARON ATA A RAPAZADA MÁIS NOVA, COS DE MAN XA HABÍA QUE TER UN POUCO DE MAÑA E MOITO EQUILIBRIO

CONTINUAMOS COAS ROTACIÓNS INDO XOGAR COAS BILLARDAS


HOUBO MOITOS INTENTOS DE TIRAR AS BILLARDAS, MÁIS FALTA UN POUQUIÑO  DE PRÁTICA

 XOGAMOS TAMÉN A SALTAR Á CORDA E SALTAR A GOMA

CONTINUAMOS CON XOGOS POPULARES, TENTAMOS LEVAR UNHA CASTAÑA DE DIFERENTES FORMAS: CUNHA CULLER, ENFRONTADOS CO BANDULLO ENTRE DOUS, COA FRONTE,...

 E FINALIZAMOS A ROTACIÓN CO XOGO DAS CADEIRAS MUSICAIS 

QUE TRIUNFA EN TODAS PARTES E AS RISAS ESTÁN GARANTIZADAS

NON SEI SE ME DEIXO ALGÚN XOGO TRADICIONAL, PERO ESTOU EMOCIONADO POLO BEN QUE O PASAMOS.

AGRADECÉMOSLLE  A TODAS AS FAMILIAS QUE COMPARTIRON CON NÓS ESTA FABULOSA E TRADICIONAL XORNADA DE OUTONO. 

ÁS FAMILIAS QUE PUIDERON VIR,  XOGAR E APRENDERNOS TODOS ESTES XOGOS QUE NON DEBEMOS ESQUECER E ÁS QUE TAMÉN COLABORARON APORTANDO LEÑA E CASTAÑAS PICADAS PARA PODER PAPALAS LOGO ASADAS AO REMATE DOS XOGOS.


GRACIÑAS UN ANO MÁIS A  JOSE , O NOSO CASTAÑEIRO PARTICULAR.

 
   O PRÓXIMO ANO, MÁIS!!   

APERTAS!!

mércores, 2 de novembro de 2022

Samaín de Conto

     OOOOLA!! 

Este SAMAÍN NO COLEXIO DA Ponte

 foi de conto... 

terrorífico, intenso, moi cooperativo e moi colaborativo.

o xoves, todo o alumnado de todas as clases participou NOS obradoiros DO SAMAÍN.

OS/AS MÁIS GRANDES AXUDABAN A OS/AS MÁIS PEQUENOS/AS.

 

En cada grupo @s voluntari@s DA BIBLIOTECA tiñan que ir recoller a rapazada de Infantil na súa aula.

TAMÉN TIÑAN QUE SE encargar de dirixir a todo o grupo

 Nas DISTINTAS rotacións entre  ACTIVIDADES NOs DIFERENTES obradoiros.

COMO PASARON POR CADA UN DELES E PARA LLE DAR MÁIS DINAMISMO ÁS ROTACIÓNS, EN CADA UN DOS GRUPOS HABÍA ALUMNADO DE TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS.

 PASÁRONO DE MEDO!

ESCRITURA CREATIVA:

SE QUERES VER MÁIS XOGOS TENEBROSOS...
MIRA!!!! 👀
 "XOGOS TENEBROSOS" 

todas as actividades tiveron unha MOI boa acollida, mAis oS OBRADOIROS de xogos e maquillaxe sempre son DOS MÁIS BUSCADOS.


NOs obradoiros de decoración crearon bandeiras, monstros, fantasmas, vampiros, arañas e moitos máis complementos.

Algúns eran para levar a casa e outros para rematar de decoraCIÓN Do túnel do terror 

o BEN para DECORAR o Photocall do Samaín No colexio.

a aula biblioteca foi o espazo escollido para realizar o obradoiro de 

  contos terroríficos 

Na aula de 6º de infantil houbo obradoiro de 

  pócemas noxentas  

ambientación de todo o colexio e da biblioteca foi fundamental, UN ANO MÁIS, a axuda d@s Voluntari@s.

O VENRES todo o mundo viña disfrazado. 

Fantasmas, cabazas, bruxas, zombis, monstros, arañas,... todas estas criaturas fantásticas preparadas para pasar polo túnel DO TERROR 

cando cansaron de posar no photocall,

 

e de pasar polo túnel quen quixo de todas as clases

 Tocou a parte de CANTAR, BAILAR E DRAMATIZAR NESTA TRADICIONAL CELEBRACIÓN DO OUTONO no colexio.

comezaron s tocando E DRAMATIZANDO 

A CANCIÓN DOS ESQUELETEs  5º p  e  infantil de 5 anos

 Nun fabuloso traballo colaborativo interniveis.

a clase de 6º de primaria bailou para nós, deixando pasmado ao público enteiro

rematamos coas pócemas do alumnado de 5º curso

antes de marchar quedou resolto o concurso de cabazas deste curso

No concurso de cabazas o primeiro premio foi para Diego

de 5º curso de Primaria, co seu ojito saltón de monstruos s.a.

 O segundo para a cabaza espantallo de Sara de 6ºP e

 O terceiro foi para Pinocho, a cabaza de Mariña de terceiro.

difícil de escoller as cabazas gañadoras!!

Este resumo en imaxes chega abondo para ver a gran acollida e participación que ten esta celebración.

APERTAS!!

martes, 25 de outubro de 2022

Día Bibliotecas Escolares

    OOOOLA!! 

Xa estamos de volta!!

Celebramos hoxe o Día das Bibliotecas Escolares comezando a actividade das Mochilas Viaxeiras en Primaria.

Tamén foi o comezo da andaina d@s Voluntari@s da Biblioteca deste curso 2022-23 xa sen máscaras e 

a estrea do grupo de 5º curso de Primaria na Biblioteca.

Repartidos por pequenos grupiños 

foron pasando polas aulas na Hora de Ler 

para levarlles cadansúa mochila, explicarlles como tiñan que facer, 

e lembrarlles cando poden ir á biblioteca, as súas normas,

 Entregando a Mochila Viaxeira en sexto con PINCO 
 e moitas das cousas que poden facer alí.
 Para dinamizar este momento 
prepararon unha pequena dramatización coa axuda da profe Bea 
 Voluntari@s na aula de catro anos 
leváronme de paseo polas aulas
para presentarme ao novo alumnado do colexio.

APERTAS!!