Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 9 de maio de 2025

O xogo non ten idade.

Logo da visita que nos fixeron no colexio os usuarios do centro Boas apertas,e de ver a ledicia dalgún deles, e o enriquecedor que foi para todos, xurdiu  a posibilidade de que os pequenos de infantil devolveran a visita ao seu centro.

Como tiñamos programada a saída á biblioteca en Arcade algo máis dunha semana máis tarde, entre ámbolos dous centros acordamos ir logo da visita á biblioteca e da merenda dos cativos e dos maiores.

Non houbo problema para sincronizarnos, xa que merendaron no parque de Talo Río e Boas apertas está diante do parque.

Ao principio a cativada estaba algo cortada, pero pronto pasou e xogaron entre eles e aprenderon os seus nomes. 

Explicáronlles aos cativos que todos os días facían unhas rutinas de actividade física

para manter áxil o corpo e fixérono coma se dun xogo se tratara.

Fixéronse parellas ou tríos entre nenos e usuarios para xogar cos aros.

Esta actividade poderíamos repetila novamente xa que todo en ela foi positivo, a avaliación da mesma foron as propias caras de ledicia duns e outros.

Tanto os maiores como os pequenos, o persoal do centro e as mestras mailo gozaron do clima tan agarimoso que se acadou.

De volta ao colexio xogaron un ratiño no parque da Xunqueira, xa ao lado do colexio.

Agradecemos a colaboración necesaria do persoal do centro Boas apertas para o desenvolvemento desta marabillosa actividade.

mércores, 30 de abril de 2025

Os maiores volven ao cole.

Este curso contamos coa colaboración do Centro de Día Boas apertas

O venres as voluntarias foron a Arcade e hoxe viñeron algúns dos usuarios do centro de día ao noso colexio.

Tiñamos varias actividades preparadas para realizar con eles e repartimos o tempo par poder desenvolver máis dunha tarefa á vez.

 Xogando a un memory entre elas 

Contabamos que ían vir entre 5 e 7 e ao final viñeron cinco usuarios a compartir o seu tempo con nós.

Xogaron con retos do LEGO 

explicaronlles como xogar co robot Doc para que fora polo taboleiro. 

             

e experiencias co alumnado do 3º ciclo de Primaria e o de 5º de Infantil.

Os maiores programaron os robots con scratch

segundo lles foron pedindo os maiores, amosaronlle algunhas actividades que podían facer os robots.
debuxaron no papel,
e ao finalizar a tarefa pediron un rock&roll
Na radio fixeronlles unha entrevista a tres dos usuarios que viñeron.

Comentaron anécdotas da súa nenez e contestaron a cuestións que prepararan na aula para a entrevista.

O bisavó dunha voluntaria resultou ser un músico amigo dun deles. 

Como estaban investigando sobre os  Castelosos pequenos ensinaronlles como o robot Doc  se movía segundo o que lle mandaban por  un taboleiro 

que tiñan na clase con vocabulario sobre a vida e costumes da Idade Media.

Foi unha xornada moi edificante para todos.

martes, 29 de abril de 2025

"Os máis pequenos contan"

Finalmente, este venres chegou o día dunha saída tan especial como esperada por todos os Voluntarios da Biblioteca do colexio, pola que preguntan todos os cursos ao anotarse para axudar na biblio.

 Rumbo a Arcade dando un paseo. 
Xa van nove anos que o primeiro grupo foi por primeira vez ata o Centro de Día Boas Apertas e á Escola Infantil "A Galiña" de Soutomaior , ámbalas dúas en Arcade.

 Mirando ao colexio no fondo. 

A idea é compartir un pouco de tempo tanto cos maiores como cos máis cativos da nosa contorna realizando todos xuntos algunha lectura e outras actividades.

  Diante da Escola Infantil. 

Comezamos a actividade indo a pé á Escola Infantil onde por parellas foron lendo algúns contos con moito teatro e facendo participar a cativada alí presente.

Un ano máis as voluntarias foron recibidas con moito agarimo nos dous centros.

Comezaron Mariña Eylín.
escolleron para contar: ¿Estás aí, monstro? ,
 
un conto con texturas que lles encantou.
Continuaron Andrea e Carla coa historia “Unllas de mexilón” de José Carlos Andrés.
Contaron o conto con monicreques e mesmo lles cortaron as unllas diante deles.

Presentación de Arantxa e Sofía. 
Arantxa e Sofía prepararon ”A pantasma das bragas rotas”
Fixeron unha pantasma de tea para dramatizar mellor a contada.

Ao rematar a historia amosáronlle o monicreque aos cativos.

Quixeron un conto máis e leronlles o conto de 

”A vaca que puxo un ovo” da súa biblioteca.

E logo de pasar unha sesión moi especial, sobretodo para as voluntarias de 5º curso, chegou a despedida ata o curso que ven.

Agradecemos a colaboración de todo o persoal da Escola Infantil para levar a cabo esta gratificante actividade. 

luns, 28 de abril de 2025

"Os maiores contan"

Completamos a saída do venres paseando ata o centro "Boas apertas". en Talo Río para rematar as actividades da saída.

Xa estaban a esperar por nós.
 Logo da presentación das voluntarias comezaron as lecturas compartidas.
O nerviosismo que tiñan antes da primeira visita case pasara, e xa tiñan preparadas as lecturas.

Non quixeron cambiar de orden e seguiron igual, 

iso si, con máis soltura e un chisco menos de nervios.

Moitos dos usuarios querían saber que era o que estaba agochado nas lapelas do conto.

Chegou o momento das unllas de Filemón. Fíxolles rir pensar que non quería cortar as unllas...

Cambiaron dun mostro a unha pantasma, pasando por Filemón, o que lles fixo moita gracia.

Logo de despedirse ata a próxima vez, fixeron unha foto na entrada do centro e rumbo de volta ao colexio.

Esta experiencia é moi enriquecedora para as voluntarias  e seguro que non a esquecerán.

Agradecemos a colaboración de todo o persoal do centro de día Boas apertas para poder levar a cabo esta entrañable actividade.