MANIFESTO DÍA DA PAZ 2017
Bos días a todos os presentes nesta
Xornada do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.
Esta Xornada celébrase, dende o
ano 1964, cada 30 de Xaneiro, data do aniversario da morte de Gandhi. Sabedes
quen foi? Pois foi un avogado e político da India, que lle adicou gran parte da
súa vida a traballar polos dereitos humanos, así como tamén polo diálogo e o
respecto entre os seres humanos, os pobos, as relixións... E todo isto sen
utilizar nin as armas nin a violencia. Tén frases moi fermosas, como:
“Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño”,
“Sé ti o cambio que queres ver no mundo”.
Esta última vainos moi ben para o
lema deste ano, que é:
“O mundo que queremos; as nosas relacións”.
E como é algo que nos importa
moito por iso estes días nas clases fixemos un decálogo de paz e falamos de
levarnos ben entre nós, porque iso mola…
Gústanos que nos traten con
amabilidade, con respecto, con cariño, que nos valoren e queiran tal como
somos, que nos acepten, que nos escoiten, que compartan, que conten con nós…
Pois este tén un camiño de volta: facerlle aos demais exactamente o mesmo:
escoitar, valorar, agradecer, respectar... Se estamos convencidos contaxiaremos
coas nosas accións ás persoas que nos rodean. E así iremos facendo da nosa
casa, do noso cole, do sitio onde vivimos ese mundo que queremos.
DECÁLOGO DE CENTRO
DÍA DA PAZ 2017- AS RELACIÓNS PERSOAIS
PEDIMOS AS
COUSAS POR FAVOR E DESPOIS DAMOS AS GRACIAS.
RESPECTAMOS AOS
MAIORES SEN INTERRUMPIR.
DÁMOSLLES CARIÑÓ
A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS CANDO SE SINTEN MAL.
CANDO XOGAMOS
XUNTOS, RESPECTAMOS AS NORMAS PARA PASALO BEN.
TRATAMOS CON
AMABILIDADE E CARIÑO A TODO O MUNDO.
FALAMOS
AMIGABLEMENTE AS COUSAS, SEN DISCUTIR; BUSCANDO CONXUNTAMENTE SOLUCIÓNS AOS
PROBLEMAS.
ACEPTÁMONOS COMO
SOMOS, COS NOSOS DEFECTOS E VIRTUDES.
ESCOITAMOS AOS
DEMAIS CON EDUCACIÓN.
VALORAMOS E
RESPECTAMOS A OPINIÓN DOS DEMÁIS, AÍNDA QUE NON ESTEAMOS DE ACORDO.
AXUDÁMONOS EN
TAREFAS DE CLASE, TRABALLOS E DEBERES PARA ACADAR RESULTADOS POSITIVOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario