ACABAN DE CHEGARNOS DOUS EXEMPLARES DO IV CERTAME DE RELATO CURTO AO COLE.
VEN PUBLICADO O RELATO DE MARTA ALONSO "CANDO AS NUBES CHORAN"QUE FOI FINALISTA DE PRIMARIA.
AHÍ VOS DEIXO O RELATO DE MARTA PARA QUE O LEADES.
CANDO AS NUBES CHORAN
En ocasións, cando vexo o Sol, el mírame cun sorriso e póñome pálida. Nunca creo o
que ven os meus ollos! Cando el chega, eu teño que marchar obrigatoriamente,
pois aí é cando amouco e boto a chorar. Non o podo ver, e tampouco conversar
con el. Á xente anóxaa que eu chore, pois acaban mollados, pero non podo conter
a tristura. Eu quero o Sol, pero sempre pasa isto: todos queren que as nubes
coma min se vaian, e que o Sol quede. En fin… que esteamos separados.
Hoxe
fórmase o arco da vella, polo que é o único día no que podemos estar xuntos.
Todas nós nos aviamos e aparecemos alí. Eu e o Sol conversamos, pero moi
arredados, descubrín que lle gusta a miña cor de gotas de ácido sulfúrico, e
que lle parezo máis bela ca as demais. O arco da vella comeza a se desfacer, e
o Sol mándame un raio que deixa parte do meu corpo dunha cor amarela brillante
e a outra como xa a tiña. Quedo durmida e axiña esperto. É noite e vexo o Sol.
Estou diante del dobrada, tapándoo. A miña parte de cor natural está detrás da
outra parte amarela. El está esperto, e eu por fin podía estar preto del sen
medo a que non volvese. Falamos toda a noite, que para nós era día, grazas á
miña luz e á súa. Pregúntolle que me está pasando e por que estamos xuntos. El
dime que o que fixera fora mudarme en Lúa para poder verme, falarme e adularme
todas as noites, e que ninguén nos afastaría ata que el se apagase.
Dende
agora, as xentes nunca verán que esta nube chore. Nunca a carón do Sol.
SE QUEREDES LER OUTROS VIDE Á BIBLIOTECA E PEDIDE O LIBRO.
ESTAS SON AS BASES SE QUEREDES PARTICIPAR NO CERTAME DESTE ANO:
Bases da V Edición
Bases do V Certame de Relato Curto con publicación UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións. Mostra o que ocorre e ensina a historia a través da acción estruturada en tres partes (introdución, nó e desenlace)…
PINCO
Ningún comentario:
Publicar un comentario