Onte fomos todo o alumnado de infantil e as profes ao
teatro a ver “A ovella Engracia” en Pontevedra no Pazo
da Cultura.
Había uns músicos que tocaban o piano, o contrabaixo e
a batería cando a ovella Blanca cantaba
as cousas que lle ían pasando a Engracia na súa escapada.
Nós tamén cantamos con ela.
Atopóuse cunha serpe e cunha loba.
¡¡Era a nai de Orbil !!
A obra foi moi entretida. Rimos, cantamos e aplaudimos
a rabiar.
Cando saímos do teatro estaba Orbil esperando para
saudarnos.
Á volta fixemos uns debuxos do que máis nos gustou.
Aí volos deixamos
Vaia artistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario