Hoxe visitamos en
Pontevedra o Salón do Libro.
Recibiunos Orbil,
houbo apertas para todos os grupos, mesmo lle tomou o pelo aos alumnos e
alumnas de infantil facendo que papaba a súa mascota.
Mentras esperabamos
para entrar visitamos a zona de lecer do Salón,
Houbo momentos para
as cancións, rancheras e corridos que sabían algúns alumnos,o Profe Sergio e a
profe Josefa;
momentos na BEBETECA cos máis novos, no RECANTO LECTOR e
merendando na CANTINA.
Logo da merenda
repartímonos en varios grupos nos que uns ían a obradoiros e outros a
contacontos.
Cando remataron as
actividades fixemos unha visita cos monitores por toda a exposición mirando os
traballos presentados,facendo xogos nos distintos espazos habilitados polo Salón do Libro.
O que fixemos nós tamén!!
As paredes estaban
decoradas cos nomes de profesións necesarias para a creación e difusión dun
libro e as súas definicións, MULLERES DE CONTO:
narradora, escritora, ilustradora, tradutora, editora, libreira, mestra, lectora, bibliotecaria…
Ao final tremenda molladura no camiño do autobús ata ao colexio, pero pagou a pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario