Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 14 de maio de 2018

Montse Fajardo


A escritora e periodista Montse Fajardo visitou hoxe o noso colexio para presentarnos o seu libro “O escalón de Ulises”.
Comentounos que no seu libro fala da parte máis humana e persoal da traxectoria vital de Mª Victoria Moreno a través da mirada daquelas persoas que máis a apreciaban.

O alumnado de primeiro a sexto de primaria, en dúas quendas, foi o que gozou desta actividade tan enriquecedora e emocionante para todos xa que, unha profesora do colexio e mailos pais dalgúns nenos foron alumnos de Mª Victoria Moreno en Pontevedra.
Grazas a Montse Fajardo souberon  un chisco máis  do que lle levou a escribir os seus libros.
Houbo dous libros  especiais para Mª Victoria Moreno: “Don Quijote de la Mancha” e “O principiño.
Dentre toda a súa obra, “Leonardo e os fontaneiros” era o seu libro favorito.

Cando Montse rematou a súa presentación houbo unha rolda de preguntas bastante interesantes.
 O alumnado de cuarto compartiu con ela unha  poesía que fixeron sobre Mª Victoria Moreno.
Nenos e nenas de 6º de primaria amosáronlle o díptico feito sobre Mª Victoria Moreno.
Graciñas Montse por vir presentar o teu libro ao noso colexio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario