Hoxe fomos dando un fantástico paseo con todo o alumnado de educación infantil á biblioteca municipal “Luis Seoane” de Arcade.
Recibiunos Marisa, colaboradora voluntaria da
biblioteca. Presentouse e tamén ao persoal: á bibliotecaria Graciela e aos axudantes da
biblioteca.
Amosoulle aos nenos e nenas os distintos espazos que
teñen alí e para que son.
Fíxolles ver que podían atopar na biblioteca ademais
de libros, música, películas, xornais, revistas…
Logo de percorrer todos os espazos, sentáronse na
alfombra e falaron dos distintos tipos de soportes de libros: para ler na auga,
de tea, de papel, de cartón, con distintas formas, con música, duros, brandos…
e en forma de acordeón, mais o conto que favorito foi “Pipi, caca”.
Tiveron tempo libre para ler, mirar, compartir e
buscar contos de todo tipo e tamaños.
Aproveitamos a andaina
indo ao parque de xogos a merendar e xogar.
Rematamos a saída volvendo a pé paseniño ao colexio.
Graciñas a todo o personal da biblioteca "Luis Seoane".
Ningún comentario:
Publicar un comentario