Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 5 de febreiro de 2019

Burbullas de Papel


Este luns, como non choveu, o alumnado das tres aulas de infantil puido ir, por fin,  ao teatro en Pontevedra.
"Burbullas de papel" é o nome do espectáculo que foron ver á sede de Afundación. 
Mesturábanse, sen verbas, a música, a danza e momentos multimedia.
Logo de merendar, achegáronse ata a redacción de PontevedraViva onde percorreron as súas instalacións, centrándose na parte da radio da man da periodista  Marisa Ciordiaquen lles ensinou os distintos espazos e fixo unha entrevista que podedes escoitar pinchando no audio do  enlace da entrevista.

Quen sabe se sairá  desta visita algún ou algunha periodista no futuro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario