A xornada do mércores 30 de xaneiro foi moi movida no colexio.
Comezamos o dia cun obradoiro dos Bolechas para os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria sobre
a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos REAA.
Logo de presentarse Millo, miramos a película de estrea dos Bolechas: “OS ELECTRECOS”.
O Superheroe EcoCarlos, dos Bolechas, faloulles
do que eran os electrecos e convidounos a formar parte do movemento RAEE.
Logo dunha pequena avaliación con cuestións sobre o
que aprenderan, acadaron o carné de:
Para rematar deixaron material para o alumnado: libriños,
cadernos de actividades, unhas pegatinas e os carnés.
Estiveron todo o tempo moi atentos, entretidos e moi participativos.
A partires de agora saben que primeiro tentamos
arranxar os aparellos que non funcionen, e nunca deixalos tirados por calquera
sitio:
“HAI QUE LEVAR OS APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS AO PUNTO LIMPO ”
Tedes máis información neste enlace sobre a campaña
“O que se enchufa recíclase”
Ningún comentario:
Publicar un comentario