Con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora, na escola fixemos un acto no que convidamos a varias nais e familiares do alumnado para que lle amosaran aos rapaces e rapazas como era o seu traballo, anteriormente de "xénero masculino" : ÁRBITRO DE FÚTBOL, PATROA DE BARCO e MILITAR.
O venres fíxose co alumnado grupos de distintos niveis e, traballando de xeito cooperativo, o alumnado foi pescudando nos seus equipos información sobre mulleres pioneiras nos fondos da biblioteca, na rede cos seus ordenadores, e cada grupo escolleu unha diferente para facer a súa tarefa.
Coa información que atoparon fixeron o seu resumo, unha ilustración para montar entre todos os grupos un gran mural.
Noraboa polo traballo ben feito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario