Xa nos
tardaba a visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra deste curso.
Recibíunos ORBIL na entrada. Como xa fora polo colexio os máis pequenos estaban doentes por velo de novo e na súa casa.
Esta edición, 20 anos van xa, ten como eixe "A Revolución" e a Lusofonía.
Antonio García Teijeiro, autor homenaxeado desta edición do Salón do Libro, visitou o noso colexio o curso pasado.
Repartímonos
por grupos coas monitoras para ir ás distintas actividades que nos tiñan preparadas.
Logo visita polo salón facendo xogos,
vendo os traballos presentados e aprendendo moitas cousas sobre inventos
revolucionarios e unha pequena retrospectiva das anteriores edicións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario