Comezamos o luns 20 de xaneiro.
Ao longo de dúas semanas houbo pezas de froita fresca para merendar para todos.
Plátanos, mandarinas, mazás, peras, kiwis
e arandos foron as froitas que tomamos.
Houbo quen probou por vez primeira
os kiwis e os Arandos. Os kiwis foron un éxito total.
O alumnado voluntario foi o encargado de repartir a froita cada día á saída
do recreo. Non paraban de animar aos outros nenos e nenas a coller unha peza de froita.
Ó ter tan boa acollida entre
o alumnado, acordamos continuar repartindo froita para todos na merenda un día
á semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario