Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 28 de febreiro de 2020

Día de Rosalía

Dentro do Calendario do Libro e da Lectura, o 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro.  

En cada unha das clases escolleron algúns poemas de Rosalía para compartir con todos nós.
O alumnado voluntario encargouse de encher os corredores do centro con estes poemas escollidos de Rosalía que traballaron nas aulas.
Nos corredores do colexio están cheos de cachiños de Rosalía.
Os máis pequenos gozaron percorrendo o centro na procura destes recunchos e gozando especialmente co que decoraron e aprenderon na aula.

Este curso cadrou luns de entroido o día 24, daquela foi este venres o día que no noso centro fixo o seu acto de conmemoración.
Solicitouse colaboración ás familias dos distintos niveis para ler unha escolma dos poemas da autora homenaxeada, como en anos anteriores.
Na aula de usos múltiples realizamos un acto de lecturas compartidas de breves textos de Rosalía de Castro.
Logo da lectura as alumnas e os alumnos agasallaron as súas respectivas familias cunha flor e un poema como agradecemento.
Graciñas a toda a Comunidade Educativa pola súa desinteresada colaboración.


Ningún comentario:

Publicar un comentario