O pasado xoves 4 de maio estiveron con nós Ilda e Eduardo, profes xubilados e voluntarios de Mans Unidas Pontevedra. Querían coñecer a Celia (5º Primaria), Gorka, Mauro, Lucía e Mateo Miñán (6º Primaria), alumnado participante no Concurso de Clipmetraxes, co vídeo:
“Mundo con alimentos y agua potable”.
Entregáronlles un
diploma e un agasallo, que recibiron con moita ilusión e alegría.
Faláronlles da
Campaña deste ano, así como tamén dos tipos de proxectos que se financian:
agricultura, promoción da muller, construción de escolas, redes de saneamento,
etc.
Despois o
alumnado preguntoulles por que se animaran a colaborar con Mans
Unidas e manifestaron que os invitaron e ao estar xubilados
dispoñían de tempo para dedicarllo.
Dixéronlles que estaban encantados de facelo e
que seguiran animándose a gravar clipmetraxes.
Quedamos moi agradecidos coa súa visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario