Este curso escolar no centro escolar solicitouse de novo formar parte do programa ciberexpert@s da Policía Nacional.
O programa está desenvolvido no marco do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna.
no mes de febreiro viñeron da comisaría da policía nacional de pontevedra dous axentes para realizar as sesións de formación , nas que aprenderon, sobretodo, o que "non debía facerse".
logo de cinco xornadas de formación, o alumnado de 6º curso de primaria realizou unha proba para conseguir cadanseu carné de ciberexpert@s.
Hoxe viñeron a facer entrega, persoalmente, os carnés a subdelegada do goberno de pontevedra, maica larriba e a inspectora jefa de seguridade cidadana xunto con o inspector de participación ciudadana e Antón, o policía que leva varios cursos vindo ao noso colexio nas anteriores convocatorias de ciberexpert@s.
Somos Noticia
Ningún comentario:
Publicar un comentario