Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 24 de abril de 2018

A ovella Engracia


Onte fomos todo o alumnado de infantil e as profes ao teatro a ver “A ovella Engracia” en Pontevedra no Pazo da Cultura.

As ovellas Blanca e Engracia contáronos as aventuras que lle aconteceron a ovella Engracia cando escapou pola noite para saber como era a Lúa.
Había uns músicos que tocaban o piano, o contrabaixo e a batería  cando a ovella Blanca cantaba as cousas que lle ían pasando a Engracia na súa escapada.

Nós tamén cantamos con ela.
Atopóuse cunha serpe e cunha loba. 
¡¡Era a nai de Orbil !!
A obra foi moi entretida. Rimos, cantamos e aplaudimos a rabiar.
Cando saímos do teatro estaba Orbil esperando para saudarnos.
Á volta fixemos uns debuxos do que máis nos gustou.

Aí volos deixamos
Vaia artistas!

venres, 20 de abril de 2018

PINCORETOS ADIVIÑAS


OOOLA!!
XA SEI QUE ANDADES INVESTIGANDO
TODO SOBRE OS ANIMAIS, PEEEERO…
QUERO PROPOÑERVOS UNS PEQUENOS RETOS.

  OS VENRES ESCRIBIREI NO BLOG UNHAS ADIVIÑAS E/OU XEROGLÍFICOS PARA RESOLVER. .

SERIADES QUEN DE AVERIGUAR ESTAS DÚAS ADIVIÑAS?
primeira:
 de celda en celda vou
pero presa non estou.
segunda:
sal ao campo polas noites
se me queres coñecer.
son señor de grandes ollos,
cara seria e gran saber.

      NORMAS DO PINCORETO:    :


1.      as respostas clariñas Co voso nome co curso no que estades (NON SON ADIVIÑO).
 2.      DEIXADE AS RESPOSTAS NA CAIXA DOS OLLOS QUE ESTARÁ NOS EXPOSITORES DA ENTRADA.
          3.      haberá unha listaxe cos gañadores e gañadoras
ao remate desta actividade no blog e no mural da biblioteca.
 4.      TEDES DÚAS SEMANAS PARA RESOLVER CADA PINCORETO.

boa sorte!!

venres, 13 de abril de 2018

SAÍDA Á BIBLIOTECA DE ARCADE

OOOLA!!
QUE BEN O PASAMOS NA BIBLIOTECA DE ARCADE CON MIGALLAS CELEBRANDO O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL CON TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DA CONTORNA.



CANTAMOS UNHA CHEA DE CANCIÓNS FACENDO XESTOS E TOMÁMOSLLE O PELO A ANTÓN.

MIRAMOS MOITOS NENOS E NENAS COAS QUE XOGAMOS NO PARQUE DE ARCADE.
Á VOLTA FIXERON UNS DEBUXOS DO QUE MÁIS LLE GUSTARA. 
AHÍ VOLOS DEIXO.


ATA PRONTO!

martes, 10 de abril de 2018

Visita ao Salón do Libro



Hoxe visitamos en Pontevedra o Salón do Libro.

Recibiunos Orbil, houbo apertas para todos os grupos, mesmo lle tomou o pelo aos alumnos e alumnas de infantil facendo que papaba a súa mascota.

Mentras esperabamos para entrar visitamos a zona de lecer do Salón, 
gozando dos distintos recunchos que teñen alí montados coa temática de México, o país convidado nesta edición.
Houbo momentos para as cancións, rancheras e corridos que sabían algúns alumnos,o Profe Sergio e a profe Josefa;
momentos na BEBETECA cos máis novos, no RECANTO LECTOR e merendando na CANTINA.


Logo da merenda repartímonos en varios grupos nos que uns ían a obradoiros e outros a contacontos.

 Cando remataron as actividades fixemos unha visita cos monitores por toda a exposición mirando os traballos presentados,facendo xogos nos distintos espazos habilitados polo Salón do Libro.
 O que fixemos nós tamén!!
As paredes estaban decoradas cos nomes de profesións necesarias para a creación e difusión dun libro e as súas definicións, MULLERES DE CONTO

narradora, escritora, ilustradora, tradutora, editora, libreira, mestra, lectora, bibliotecaria…


Ao final tremenda molladura no camiño do autobús ata ao colexio, pero pagou a pena.

venres, 6 de abril de 2018

Salón do libro 2018

Xa temos exposto o noso traballo no Salón do Libro. 

Este martes imos ir a Pontevedra todas as  clases do colexio a visitar a exposición.
Veremos os traballos que presentaron os outros colexios e, por suposto, O NOSO.

Participaremos en obradoiros e  nas actividades de contacontos que nos teñen preparadas.

Para todos aqueles que  queran botarlle unha ollada ao noso CONTO de MULLERES premendo na cuberta poderedes velo.