Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 14 de maio de 2018

Montse Fajardo


A escritora e periodista Montse Fajardo visitou hoxe o noso colexio para presentarnos o seu libro “O escalón de Ulises”.
Comentounos que no seu libro fala da parte máis humana e persoal da traxectoria vital de Mª Victoria Moreno a través da mirada daquelas persoas que máis a apreciaban.

O alumnado de primeiro a sexto de primaria, en dúas quendas, foi o que gozou desta actividade tan enriquecedora e emocionante para todos xa que, unha profesora do colexio e mailos pais dalgúns nenos foron alumnos de Mª Victoria Moreno en Pontevedra.
Grazas a Montse Fajardo souberon  un chisco máis  do que lle levou a escribir os seus libros.
Houbo dous libros  especiais para Mª Victoria Moreno: “Don Quijote de la Mancha” e “O principiño.
Dentre toda a súa obra, “Leonardo e os fontaneiros” era o seu libro favorito.

Cando Montse rematou a súa presentación houbo unha rolda de preguntas bastante interesantes.
 O alumnado de cuarto compartiu con ela unha  poesía que fixeron sobre Mª Victoria Moreno.
Nenos e nenas de 6º de primaria amosáronlle o díptico feito sobre Mª Victoria Moreno.
Graciñas Montse por vir presentar o teu libro ao noso colexio.

mércores, 9 de maio de 2018


OOOLA!!

ESTADES FEITOS UNS ARTISTAS!

GUSTÁRONME MOITÍSIMO ESTES DEBUXOS QUE FIXESTES DA SAÍDA Á BIBLIOTECA DE ARCADE.

A QUEN LLE ACORDA QUE PODIAMOS LER NAS LETRAS ESPALLADAS DO MURAL DA ENTRADA?
MOI BEN!
“MUNDO GOMINOLA”

AHÍ VOS DEIXO AS VOSAS OBRAS

ATA LOGO!

martes, 8 de maio de 2018

Saída a Biblioteca de Arcade.


Hoxe fomos dando un fantástico paseo con todo o alumnado de educación infantil á biblioteca  municipal “Luis Seoane” de Arcade.
Recibiunos Marisa, colaboradora voluntaria da biblioteca. Presentouse e tamén ao persoal:  á bibliotecaria Graciela e aos axudantes da biblioteca.
Amosoulle aos nenos e nenas os distintos espazos que teñen alí e para que son.
Fíxolles ver que podían atopar na biblioteca ademais de libros, música, películas, xornais, revistas…
Logo de percorrer todos os espazos, sentáronse na alfombra e falaron dos distintos tipos de soportes de libros: para ler na auga, de tea, de papel, de cartón, con distintas formas, con música, duros, brandos… e en forma de acordeón, mais o conto que favorito foi “Pipi, caca”.

Tiveron tempo libre para ler, mirar, compartir e buscar contos de todo tipo e tamaños.

Aproveitamos  a andaina indo ao parque de xogos a merendar e xogar.
Rematamos a saída volvendo a pé paseniño ao colexio.
Graciñas a todo o personal da biblioteca "Luis Seoane".

venres, 4 de maio de 2018

Antonio García Teijeiro


O escritor Antonio García Teijeiro visitou hoxe o colexio de Ponte Sampaio e compartimos con el unha xornada inesquecible.
Comezamos coa presentación do autor polos alumnos e alumnas de 6º de primaria.

Logo de falar con todos, recitounos algúns poemas do seu libro Poemar o mar” co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil 2017.

 Deseguido fixo con nós un xogo poético que tivo a todo o mundo engaiolado. 
Presentounos a Honorato, o rato namorado”, que moitos xa coñecían.

Algúns alumnos e alumnas de infantil e de primeiro agasallárono recitándolle algúns poemas seus.

Logo dunha entrevista que lle fixeron nenos e nenas de 6º con preguntas recollidas por todas as aulas, o escritor asinoulle os libros que trouxeron da casa.
De seguro que non lle esquece a ninguén esta memorable visita.

Lembrade ben o que dixo:

Para escribir ben, o más importante e LER MOITO.


Graciñas Antonio por facernos pasar estes gratos momentos.

OOOLA!!
         HOXE É VEEENRES!!

REMATOU O TEMPO PARA RESOLVER A PRIMEIRA QUENDA DESTES PINCORETOS.

SOLUCIÓN Á 1ª ADIVIÑA: ABELLA/ABEJA 
ACERTARON OITO DE NOVE.


"UNHA DAS SOLUCIÓNS NON VALE PORQUE NON ESCRIBIU DE QUE CURSO ERA".

SOLUCIÓN Á 2ª ADIVIÑA:  BUFO/BÚHO.
     ACERTARON  TRES. DE NOVE.

SEGUIMOS  A VOLTAS COS ANIMAIS.
  ¡ OLLO ! ==>  MIRADE BEN AS NORMAS DO PINCORETO:
 AHÍ VAN OUTRAS DÚAS ADIVIÑAS:
  TERCeira:
   en dúas castañolas….
   estou encerrado.  
   ao sacarme do mar
   póñome colorado.….
CUARTa ADIVIÑA:
 canto en la orilla,
 vivo en el agua.
 no soy pescado,
  ni soy cigarra.
boa sorte!!        

    NORMAS DO PINCORETO:    :
 1.      as respostas clariñas Co voso nome co curso no que estades (NON SON ADIVIÑO).
 2.      DEIXADE AS RESPOSTAS NA CAIXA DOS OLLOS QUE ESTÁ NOS EXPOSITORES DA ENTRADA. 
  3.      haberá unha listaxe cos gañadores e gañadoras ao remate desta actividade no blog e no mural da biblioteca.
 4.      TEDES DÚAS SEMANAS PARA RESOLVER CADA PINCORETO.