Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 8 de febreiro de 2019

VII Certame de Relato Curto

OOOLA!!
XA HAI QUEN COMEZOU ESCRIBIR AS SÚAS HISTORIAS PARA PARTICIPAR NO VII certame de RELATOS CURTOS QUE ORGANIZA A FANPA ESTE ANO.
LEMBRADE QUE HAI MOITAS CATEGORÍAS NAS QUE TAMÉN SE PODE PARTICIPAR:  SECUNDARIA, BACHARELATO, E TAMÉN HAI UNHA PARA ADULTOS ( NAIS, PAIS, TÍOS, TÍAS,...)
ISO SI, IDE ACABANDO AXIÑA QUE O PRAZO DE ENTREGAS DOS RELATOS REMATA O XOVES 28 DE FEBREIRO.
A VER SE ESTE ANO PUBLICAN ALGUNHA DAS VOSAS HISTORIAS.
FAMILIAS!!
LEMBRADE QUE VOS TAMÉN PODEDES PARTICIPAR.
ANIMÁDEOS!!
AI DEIXO AS BASES DO CERTAME.
ATA LOGUIÑO!

xoves, 7 de febreiro de 2019

Biblioteca Antonio Medal


Despois dun bo tempo revisando os libros que tiñamos e que non eran axeitados para a nosa biblioteca, fixemos un bo expurgo dos fondos que tiñamos.
Isto non tería sido posible sen a axuda do equipo de voluntarios e voluntarias de BIBLIOPINCO.
Estes libros van quedar na contorna xa que van para a Biblioteca Antonio Medal de Ponte Sampaio e terán unha nova vida.
José Luis López Carragal pasou onte polo colexio para recoller as caixas.
Graciñas pola colaboración.

martes, 5 de febreiro de 2019

Burbullas de Papel


Este luns, como non choveu, o alumnado das tres aulas de infantil puido ir, por fin,  ao teatro en Pontevedra.
"Burbullas de papel" é o nome do espectáculo que foron ver á sede de Afundación. 
Mesturábanse, sen verbas, a música, a danza e momentos multimedia.
Logo de merendar, achegáronse ata a redacción de PontevedraViva onde percorreron as súas instalacións, centrándose na parte da radio da man da periodista  Marisa Ciordia, quen lles ensinou os distintos espazos e fixo unha entrevista que podedes escoitar pinchando no audio do  enlace da entrevista.

Quen sabe se sairá  desta visita algún ou algunha periodista no futuro. 

sábado, 2 de febreiro de 2019

Dia da Paz

Este é o lema escollido  para conmemorar o Dia da Paz e non Violencia Escolar no noso colexio, relacionado co proxecto anual no que estamos traballando este curso.

“XUNTOS CAMIÑAMOS POLA PAZ”

Con este lema fixemos entre todos un mural,
 no que se pegaron as frases que cada aula elaborou a partires deste lema.


Todo o alumnado do colexio decorou un adhesivo con varios deseños do lema deste ano para levar ao participar no acto conxunto do colexio na aula de usos múltiples.



Comezaron os alumnos de 6º lendo o

Manifesto Pola Paz que redactaron na clase.


De seguido unha parella por aula foi lendo as frases que xurdiron analizando e dialogando o lema nas súas aulas. 


Os nenos e as nenas de cinco anos contáronnos xuntos cales eran os seus desexos de paz.


Rematamos cantando e bailando todos xuntos a canción

  "El mismo sol" de Álvaro Soler.

venres, 1 de febreiro de 2019

OS ELECTRECOS


A xornada do mércores 30 de xaneiro foi moi  movida no colexio.


Comezamos o dia cun obradoiro dos Bolechas para os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria sobre a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos REAA.
Logo de presentarse Millo, miramos a película de estrea dos Bolechas: “OS ELECTRECOS”.
O Superheroe EcoCarlos, dos Bolechas, faloulles do que eran os electrecos e convidounos a formar parte do movemento RAEE.
Logo dunha pequena avaliación con cuestións sobre o que aprenderan,  acadaron o carné de:
 Socio/a do Movemento RAEE dos Bolechas.

Para rematar deixaron material para o alumnado: libriños, cadernos de actividades, unhas pegatinas e os carnés.
Estiveron todo o tempo moi atentos, entretidos e moi participativos.
A partires de agora saben que primeiro tentamos arranxar os aparellos que non funcionen, e nunca deixalos tirados por calquera sitio:
“HAI QUE LEVAR OS APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS AO PUNTO LIMPO ”

Tedes máis información neste enlace sobre a campaña
“O que se enchufa recíclase”