Hoxe conmemórase o Día da Lingua Materna, proclamado pola UNESCO en 1999 co obxectivo de impulsar o coñecemento
e a práctica das Linguas Maternas en todo o mundo.
Festexamos esta data sinalada no colexio cun
obradoiro no que participaron tanto nenos como profesoras.
Os compoñentes de POLO CORREO do VENTO, contaron
a historia de
“Mario pensaba que o galego non servía para
nada”.
Enrique contou o relato adaptándoo a temática dos
piratas que estamos traballando no colexio. Mentres, Carlos ía debuxando unha escena deste conto facendo un mural.
O remate desta actividade foi un obradoiro de ilustración no que a partires dun círculo e un cadrado, paso a
paso, fomos debuxando un pirata .
Todo o alumnado estivo moi atento, participativo
e entusiasmado ao longo de toda a actividade lúdica.
Quedamos moi contentos coas nosas obras. Saíron bastante ben. Velaiván
algunhas.
Graciñas a Polo Correo do Vento por esta xornada.
Preme .Saímos na prensa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario