Mañá, 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, fixado dentro do Calendario do Libro e da Lectura.
Levamos varios cursos celebrando este día no
colexio, mais esta vez que solicitamos a colaboración das familias
para compartilo con nós. A convocatoria deste ano é #AbrirAfiestras e coincidimos compartindo este acto coas familas.
A xornada de hoxe foi de homenaxe a Rosalía
declamando unha escolma dos seus poemas.
Quíxente tanto meniña de “Cantares Gallegos” foi a elixida por Izan de 5º e o seu pai Adam.
Antonio e Lucía de 4º coa súa nai Lupe escolleron o poema San Antonio bendito tamén de “Cantares Gallegos”.
Campanas de Bastabales lérono Alma, de
3º e Isabel,
a súa nai.
Representando a clase de 2º curso foron Andrea e a súa nai
Marisol recitando Airiños, airiños aires de “Follas Novas”.
Despois dun paréntese para estirar as pernas, chegoulle a quenda
a Diego e a súa nai Elena de primeiro co poema Xan.
E participaron tamén neste acto poético os alumnos e alumnas de infantil e as súas familias.
Maio longo de “Follas
Novas” foi recitada por Celia e o seu pai Manuel.
Representando aos máis cativos de 3 anos, Manuel e o seu pai
David recitaron Adiós ríos, adiós
fontes.
E rematamos esta magnífico acto con música:
A Asociación de Escritores en Lingua Galega propón agasallar no Día de Rosalía un libro
en galego e unha flor..
Graciñas a toda a Comunidade Educativa pola súa desinteresada colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario