Este ano de seca tocóunos facer a festa do Entroido a cuberto no ximnasio.
Aínda así, a pesares de ter que estar como sardiñas, celebramos a festa máis xuntiños e varias familias gozaron con nós.
Non hai dúbida que os disfraces piratas foron os reis deste entroido.Todo o alumnado de infantil ía de pirata e a
maioría do profesorado tamén.
Nas aulas de infantil prepararon os complementos
dos seus disfraces piratas.
O pregón, o xuicio e o testamento de D.Inocencio fixérono, coma
sempre, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.
Tamén leron as rimas que todos fan na casa dos seus disfraces.
Este ano desplumárono nun momento.
Ao ser dentro houbo que desplumalo por quendas .
Para cando lle tocóu a os veteranos non tiñan
case plumas que coller.
Noraboa Fodorico
por un ano máis de ledicia!!
Hoxe rematamos este entroido no colexio
co tradicional Pasamento da Sardiña.
Comezamos un día de loito que rematou cunha
pequena sorpresa para a cativada, logo de arrearlle uns bos varazos
a probe sardiña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario