Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 9 de abril de 2019

Superlíderes

Hoxe dúas alumnas da clase de 3º de primaria, Andrea e Aroa gañaron dous dos seis premios aos que optaban na final do programa Superlíderes 2018-2019
Andrea recibiu o premio na categoría de Supermotivadora e Aroa na de Superdirectora.
A CLASE DE TERCEIRO NA BIBLIOTECA CON PINCO
Na aula de terceiro levan traballando todo o curso estas habilidades e todos e todas son e síntense gañadoras por ter realizado e participado desta experiencia tan motivante.
O CEIP de Ponte Sampaio foi un dos colexios seleccionados no programa Superlíderes desenvolvido dentro do Plan Eduemprende.
Este programa, dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, busca fomentar, motivar e sensibilizalos no espírito emprendedor.
O obxectivo de este programa é dar a coñecer ao alumnado, practicar e fortalecer seis competencias que os converterán en auténticos Superlíderes: a motivación, o enxeño, a comunicación, a fascinación, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.

Noraboa polo traballo ben feito!
SOMOS NOTICIA: Preme nos enlaces

Notas de prensa da Xunta





Ningún comentario:

Publicar un comentario