Dentro da programación do proxecto que estamos a desenvolver no colexio non podía faltar un pase de cine... nunha sala de cine.

Houbo máis de un, que ía por vez primeira a ver unha película nunha Pantaia Grande de Cine.

Escollemos, dentro
da carteleira desta semana, unha película que fora axeitada tanto para o
alumnado de infantil como para o de primaria:
“LAS AVENTURAS DEL DOCTOR
DOLITTLE”.

Cando rematou o pase, o alumnado de 5º e 6º de primaria foi ver as salas de proxección.
O resto do alumnado mirou unha cámara de proxección antiga que teñen exposta no corredor e miraron os carteis doutras películas.
Agradecemos ao persoal de CINEXPO en Pontevedra a
atención prestada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario