Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 23 de marzo de 2020

Luns 23



OOOLA!! 

VOU COMEZAR ESTE DIA CUNHA MANUALIDADE PARA FACER BOLAS DE MALABARES OU DE ANTIESTRÉS, PARA O QUE VOS VEÑA MELLOR.

HAI TEMPO APRENDÍN  COMO COMEZAR MOVER AS PELOTAS DE MALABARES.

VOUVOS POÑER UN VÍDEO NO QUE VOS APRENDEN COMO FABRICALAS CON GLOBOS E ARROZ, MÁIS TAMÉN PÓDENSE FACER CON CALCETÍNS ENCARTADOS E DOUTRAS FORMAS QUE SE VOS OCURRA.
  PRIMEIRO MIRADE NO VÍDEO :

E AGORA A PRÁCTICA TÓCAVOS A VÓS.
NO VÍDEO ÍA PASANDO DUNHA PELOTA A DÚAS E A TRES MOI RÁPIDO PORQUE XA SABÍA, PERO REQUIRE ALGO DE PACIENCIA E TESÓN IR PASANDO DE NIVEIS.

PRACTICADE CUNHA SOA LANZANDOA CADA VEZ MÁIS ALTA E PROBADE CUNHA MAN E LOGO COA OUTRA.
CANDO TEÑADES SOLTURA É SEXADES QUEN DE FACER ISTO ANDANDO POLA CASA É O MEMENTO DE PROBAR CON DÚAS, PERO NADA DE DESÁNIMO, QUE LEVA TEMPO, COMO TODO. 

SE MANDADES AO CORREO DO BLOG VÍDEOS FACENDO MALABARES PODÉMOLOS VER TODOS E TODAS. IMOS BOTAR UNHAS RISAS SEGURO.
PROBADE!

NESTE OUTRO ENLACE QUE VOS DEIXO, TEDES UNHA CURTA SOBRE A IMPORTANCIA DA COOPERACIÓN:

ÁNIMO FAMILIAS!

TODO  VAI  A  IR  BEN!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario