Para o traballo para o Salón do
Libro desta edición, como o tema era "O HUMOR" tiramos da retranca
galega escollendo unhas viñetas de Castelao.
Na proposta había que pensar que
estarían dicindo os personaxes das tiras no contexto actual.
O resultado foron 12 viñetas a
dobre cara no que por un lado tiñamos o chiste coa imaxe eo texto
orixinal de Castelao e polo outro a ilustración coloreada e
un texto actual. Esta parte do traballo fixérona os e as voluntarias da
biblioteca.
Moito riron na clase de 1º
de primaria buscando e escollendo chistes para facer un libro escolma
dos chistes que máis lles gustaban. Despois escribiron os textos e lilustraron
os chistes para encadernar e presentar no Salón.: "Un mundo de chistes"
Seguindo co humor, o resto do
alumnado traballou buscando nos xornais que había no colexio e nos das súas
casas as páxinas onde aparecían publicadas as viñetas de humor.
Unha vez atopado as viñetas houbo que recortalas para poder
pegalas no expositor no que colgamos as láminas traballadas para expoñer a nosa
contribución a XXI Edición do SALÓN.
Este martes saímos todo o colexio
de excursión a Pontevedra para visitar a exposición de todos os traballos
escolares de O SALÓN no Pazo de Congresos.
Namentres non chegaba
a hora da nosa quenda para entrar paseamos no Parque da illa
das esculturas a Merendamos alí, pasamos un bo rato toda a
rapazada e os profes xuntos, piteirando un bocado ao aire libre.
Na entrada do Pazo estaba ORBIL esperándonos, recibiunos
con gran ledicia, xa que hai pouco viñera ao colexio a visitarnos.
Dividíronnos en grupos de nivel
para ir aos obradoiros, aos contacontos, ver a exposición, visitar as salas e
os recunchos acompañados polo monitorado de O SALÓN.
Miramos os traballos dos
outros colexios participantes e , está claro que o tema era o humor.
Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez de Pavís Pavós engaiolaron
ao alumnado de 1º e 2º curso cos seus contos e humor.
O alumnado de infantil pasouno bárbaro con contos e xogos. Un grupo foi con Andrea Bayer e o outro con María Campos de Migallas. Portáronse moi ben e atenderon as explicacións das monitoras.
Algúns tiveron
a gran sorte de atender unha explicación sobre os pasos para a ilustración das
viñetas e libros co ilustrador Kiko da
Silva.
Os maiores
visitaron polo miúdo a sala MUVi, na que se podía ver a evolución
dos videoxogos dende os primeiros ate os actuais.
Gustoulles
moitísimo ver a escultura de ORBIL para decorar e
alguén lembraba ter visto algunha das esculturas que estaban espalladas por
Pontevedra cando foran de paseo coas familias.
Case ao final
do percorrido, na sala onde están as sillas para os distintos espectáculos
programados do salón, localizamos o noso traballo.
Outro
curso máis gozamos con esta visita e xa estamos pensando na próxima edición.
Graciñas á
organización de O SALÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario