Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 26 de abril de 2023

Canto contan os maiores!

Unha das actividades que esperábamos facer este mes é a da visita de varios usuarios do Centro de Día Boas Apertas de Arcade.

Tiñamos concertada a visita no curso 2019-20 cando nos mandaron para casa. Ata este curso, e xa avanzado, non tiñamos seguro se ía ser posible polas medidas de seguridade.

Este curso retomamos a actividade “Os maiores contan” completa. 

Viñeron ao colexio hoxe e imos ir este mércores ao centro.

Viñeron tres mozas e un mozo, entre os catro sumaban a frioleira de 363 anos.

A nosa mascota, PINCO estivo máis que contento con esta visita tan especial do ben acompañado que estivo.

Entre as voluntarias da biblioteca, prepararon  unha entrevista para saber que diferencias hai entre a nenez de hoxe en día  comparada coa que viviron no principio do século pasado.

Foron falando e contando o que facían antes intercambiando experiencias. Algúns eran netos ou netas de amigos seus.

Esta experiencia foi bastante emotiva. Saber que todos eles xa traballaban desde os oito-dez anos deixounos moi impresionados.

Asistiu  toda a clase de 6º curso de Primaria e xurdiron algunhas preguntas máis das preparadas con anterioridade.

Cando Consuelo, de 101 anos, lles recitou os límites de España que aprendera de rapaza máis dunha boca quedou aberta.

Ou cando Silvina dixo que ían andando a Marín para vender a colleita. 

Carmen dixo que nadaba como un peixe porque ía apañar marisco con oito anos e lle cubría a auga polo peito. Tamén traballaba na fábrica de conservas.


Francisco traballou de panadeiro e cando casou foi traballar á fábrica de  Carburos Metálicos, en Arcade.

Cando finalizou a entrevista e a charla
entregáronlle  como agasallo unhas flores que fixeran con moito agarimo na aula.

Xuntáronse para facerse unha foto de recordo.

Falaron un ratiño despois
Continuaremos con esta actividade de colaboración

 entre o Centro de Día Boas Apertas e o colexio de Ponte Sampaio polo positiva e emotiva que é a interación entre distintas xeracións.

Graciñas ao personal do centro por facer posible este encontro. O mércores iremos alí nós.

https://www.instagram.com/p/CrULHxos_ru/?igshid=NjVjMTFhZWRmNQ==

Ningún comentario:

Publicar un comentario