Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 25 de abril de 2023

Visita á Biblioteca Municipal de Arcade

 

O día de hoxe foi claramente literario e de Formación de Usuarios.

Todas as clases de infantil e 1º de Primaria foron de visita á Biblioteca de Arcade.

 Levabamos tres cursos sen poder achegarnos en grupo e hoxe continuamos a tradicional visita.

Fixemos un paseo ata Arcade e, como o día estaba anubrado, fomos lixeiriños.

Esperábanos Mar, unha monitora da Biblioteca. 

Primeiro de todo, as normas da visita...

Ensinounos como era a distribución dos espazos, presentounos a Rosana, explicounos moitas cousas máis sobre os libros e as súas diferentes formas e tamaños,
 contounos para que levan etiquetas e como funcionan esta e todas as bibliotecas (algúns xa sabiamos da nosa).

Leunos varios poemas do libros “O lapis primos” de José A. Ramírez Lozano, de OQO.

Tamén contou “Un agasallo diferente” de Marta Azcona, da editorial Kalandraka. 

Logo do conto, imaxinamos unha chea de cousas que podiamos facer co libro, a parte de lelo.

Cada un dos que estabamos alí foi dicindo o que se lle pasara polo maxín: paraugas, bandexa, abano, frisbi, moto, rascador de cabeza...

Aprendemos diferentes formas de aplaudir: aplauso de mosca, aplauso de chicle, aplauso de molinillo,...

Rematamos a visita gozando libremente dos fantásticos libros que alí había.

Contamos que despois desta visita aumente o número de socios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario