Logo de facer a entrevista na biblioteca, unha parte do grupo de voluntari@s desprazáronse ata Arcade
para devolver a visita e compartir unha xornada no Centro de Día Boas Apertas cos usuarios.
Logo dos saúdos cos que
foran ao colexio, dispuxeron todo para comezar cos contos.
Un conto de lobos foi
a primeira historia que contaron Marta e Lola con Xiana e Daniela que ían
ensinando os monicreques que fixeron para este conto.
Continuaron Sara e Daniela contando a historia de Ire , a bolboreta.
A terceiro conto foi da man de Diego e Lucía que contaron a dúas mans a historia de
Daniela pirata e a bruxa Sofronisa.
Por último, presentaron
un par de experimentos solicitando a
axuda de usuari@s do centro.
Explicaron como hinchar un globo sen soplar,
Silvina, Carmen e Francisco axudaronlles.
No segundo experimento escribiron con tinta invisible unha mensaxe.
Para rematar a xornada no centro,
pasaron un bo rato xogando ao parchís,
ao futbolín,
ao billar,
e a un par de xogos máis.
Pasárono bomba
compartindo este momento de lecer interxeracional.
Antes de volver ao
colexio inmortalizamos o momento cunha foto colectiva.
Na despedida quedamos en
repetir o próximo curso.
Esta experiencia vai deixar unha fonda pegada neste grupo de voluntari@s.
Confiamos que sirva para formar persoas con vontade solidaria.
https://www.instagram.com/p/CrkfCPWs5Xd/?igshid=MzA0OGM2MjU4Zg==
Ningún comentario:
Publicar un comentario