Vaia mes que levamos!
Martes 2, o alumnado de Primaria música con POeXÍA.
Martes 9, SuperLíderes de terceiro curso.
Xoves 11, Obradoiro de Lingua MEIGALLO para 5º e 6º.
Venres 12, as voluntarias van á Escola infantil de Soutomaior e ao Centro de día "Boas Apertas" en Arcade.
O 23
tivemos xornada intensa, todo infantil foi a ver a obra de teatro “Guyi,Guyi” ao auditorio de Afundación, en Pontevedra e logo ao café
moderno a ver unha exposición de fotos de mulleres familiares de distintas
idades e o seus traballos.
Comezamos o
día 24 coa lectura colectiva dun capítulo de “O Quixote” para toda a Comunidade Educativa. Participaron familias, voluntari@s e mestres. Este curso foi na sala de usos múltiples, xa que chovía a mares.
Por segundo día, a actividade “libros a fóra” dentro outra vez, xa co alumnado de infantil.
Repartíronse por todo o centro e atopabas lendo parellas, trios e/ou algún
grupiño segundo por onde miraras.
Estes dous
días a colaboración do alumnado voluntario foi valiosísima.
O alumnado
de 6º de Primaria comezou un obradoiro de educación de valores na súa aula.
O xoves
houbo unha charla sobre Arte Rupestre para o alumnado de 3º, 4º e 5º, previa a
saída que fixeron o venres 26. Na clase de sexto curso remataron a actividade de Valores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario