Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 12 de abril de 2019

Boas Apertas. Galiña Azul

Hoxe tivemos unha saída especial e esperada.
Dende hai catro anos, un grupo de voluntari@s da biblioteca do colexio achégase ata o Centro de Día Boas Apertas e á Escola Infantil de Soutomaior en Arcade, para compartir un pouco do seu tempo tanto cos maiores como cos máis cativos da nosa contorna realizando con el@s algunha actividade.
Foron recibidos con moito agarimo nos dous centros.
Representaron con monicreques "La familia cochinete cambia de casa" e "El buhíto y sus amigos"(feita por elas).
Logo da dramatización, amosáronlles os bonecos aos cativos e contestaron as cuestións que lles plantexaron os maiores.
Tanto no Centro Boas Apertas como na Escola Infantil Soutomaior, fixeron unha manualidade coa que agasallaron asVoluntarias. 
Quedaron moi ledas e agradecidas polo detalle que tiveron con elas.
Dende a Biblioteca queremos agradecerlle tanto ao personal da  Escola Infantil Soutomaior como ao do Centro de Día Boas Apertas por facer posible esta marabillosa e enriquecedora colaboración.
Esperamos con agarimo que veñan ao noso colexio a facer algunha actividade con nós.


Ningún comentario:

Publicar un comentario