Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro

Dentro das actividades programadas no Día do Libro, o alumnado de infantil tivo sesión dobre en Pontevedra.



Primeiro foron ao Auditorio de Afundación para ver o espetáculo   "Guyi-Guyi" de Periferia Teatro.
Cando rematou a función foron ver unha exposición de fotográfica  no Café Moderno do artista Xosé Abad  "Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo".

Mentres o alumnado de infantil estaba en Pontevedra, no colexio, o alumnado que quedou tivo a primeira sesión de apadriñamento lector da actividade "Libros ao Patio".

Este ano, como estaba a chover, houbo que facela por dentro do edificio do colexio.
Nesta actividade participa todo o alumnado. 
Os voluntarios e voluntarias da biblioteca foron recoller aos máis pequenos e escolleron cadanseu recuncho para ler e contarse as súas historias preferidas. 
Foron  os responsables de recoller e de axudar a deixar os libros nos andeis en orden ao rematar a actividade.
Había nenos e nenas lendo  por todas as aulas e corredores. 
A biblioteca tamén tivo unha chea de lectores.
Mañá teremos outra sesión de "Libros ao Patio" na que participarán tamén o alumnado de infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario