Este luns fixemos
un acto no colexio de rexeitamento contra a Violencia de Xénero.
O grupo de
voluntarias e voluntarios da biblioteca colaboraro elaborando un mural coa simboloxía do Camiño de Santiago.
“O libro dos porcos" de Anthony Browne, foi o libro escollido para ler en voz alta. Leron
nenas e nenos de todas as clases, de infantil a sexto de primaria.
Cantamos a canción "COMPAÑEIRA" que compuxo a profe Sandra.
A clase de sexto
fixo un manifesto co lema AMARSE SEN AMOS. Lérono entre todos e
todas.
Este é o manifesto
que fixeron na aula de 6º de primaria:
O día
contra a violencia de xénero celébrase o 25 de novembro a nivel mundial xa que
así o acordou no ano 1999 a asemblea xeral das Nacións Unidas; aínda que
iniciouse polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración á
data na que foron asasinadas en 1960 as 3 irmás Mirabal na República Dominicana.
O día
25 de novembro, a comunidade educativa de este centro escolar reúnese para
conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de xénero e en
especial contra as Mulleres.
Neste
acto queremos reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o
feito de que la violencia contra as
mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis estendida no mundo.
Así mesmo,
queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia de
xénero en xeral e especial contra as mulleres en todas as súas manifestacións e
combater calquera outro tipo de violencia.
Nós
somos o presente e o futuro. Polo que
estamos aquí reunidos para manifestar que:
- Faremos respectar os dereitos de
tod@s.
- Opoñerémonos a todo tipo de violencia contra as mulleres tanto física como
verbal.
- Aprenderemos a relacionarnos respectuosa e solidariamente.
- Seremos cooperativos y dialogantes.
- Respectaremos a igualdade para todas e todos.
Os alumnos
de 6º de Primaria
Finalizamos esta xornada cantando entre todos e todas a canción de Melendi : "Déjala que baile".
Cando rematamos o acto, o mural quedou na entrada do colexio.