venres, 16 de decembro de 2022
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
luns, 28 de novembro de 2022
Radio na Ponte
Xa comezaron as emisións en directo de “Ponte na Radio”. Aproveitando que hoxe era un día tan sinalado, no recreo as Voluntarias Diana e Xiana foron as encargadas da primeira emisión en directo da nosa Radio Escolar.
Nesta primeira entrega lembraron a importancia deste día facendo fincapé en que non se trata de facer unhas actividades no propio Día, senón que é unha actitude a manter ao longo da nosa vida.
Remataron poñendo un par de cancións solicitadas
da sección "DEDÍCOCHA", adicadas a alumn@s do cole.
domingo, 27 de novembro de 2022
OS CONTOS TAMÉN ABREN PORTAS CARA A IGUALDADE
Como o PDI deste curso céntrase nos "contos", buscamos un lema relacionado con este:
“Os contos tamén abren portas cara
a igualdade”
Expuxemos no corredor unha escolma de fondos relacionados dalgunha forma coa violencia de xénero e a igualdade.
Ao longo da semana en todas as aulas foron coloreando unhas bolboretas, para pegar nunha porta violeta, como na canción de Rozalén, que pintou a rapazada de Infantil.
Esta porta foi a base para realizar unha montaxe tridimensional
Ao longo de varios recreos, un grupo de voluntari@s da biblioteca escolleron e prepararon o texto e as peticións de cancións para a primeira emisión do programa de radio "Radio na Ponte" no recreo, repararon lecturas para ir a todas as clases na hora de ler despois do acto do centro na entrada do colexio o venres 25.
Comezamos o acto cunhas palabras do director Avelino relacionando o lema escollido co Proxecto de Centro deste curso.
Gardamos un minuto de silencio por todas aquelas que xa non están.
Contemplamos o resultado do traballo cooperativo namentres cantamos a canción “A porta Violeta” de Rozalén cantando coas Tanxugueiras os coros en galego. Entramos ás aulas para gozar dunhas lecturas compartidas c@s voluntari@s da Biblioteca nas aulas.
Daniela e Xiana contaron "A historia dos bonobós con gafas" de (Adela Turín), na aula de 4º de Primaria.
xoves, 24 de novembro de 2022
"A aventura de aburrirse"
“A aventura de aburrirse” era o título da obra que representaba a compañía L’Estaquirot Teatre no auditorio de Afundación de ABANCA.
O argumento da obra , trataba dunha rapariga que, tendo
todo canto xoguete podía ter, non era quen de xogar ela soa e andaba, case que sempre,
aburrida coma unha ostra.
Un parruliño de goma, fai que todo cambie un día cando estaba na
casa da súa avoa.
Gozaron coa representación e sobretodo cos inchables xigantes.
Aburridos, o que se di aburridos, non quedaron; máis ben sóubolles a pouco e quedaron con gañas de máis.
domingo, 20 de novembro de 2022
20 N
Hoxe, 20
de novembro, conmemórase o día Mundial dos Dereitos da Infancia.
No noso colexio afondamos, estes días, máis polo miúdo o seu significado.
Colaboraron
entre varias aulas para realizar unha montaxe na entrada do centro visualizando
en forma de libros e cun mural os dereitos dos nenos e das nenas.
Aprendemos
a canción “Los derechos humanos, tu mejor instrumento” (Pedro Calero e Mili
Vizcaíno) e preparamos unha coreografía para acompañala.
Ao longo da semana foron pasando na Hora de Ler as Voluntarias polas clases para aprenderlles, cunha paciencia infinita, á rapazada máis miúda
os distintos
xestos e movementos preparados pola mestra de música Neli.
O venres,
xuntámonos no patio, aproveitando un claro sen chuvia, para conmemorar este día tan
importante.
Logo da
presentación do acto cantamos e bailamos todos xuntos.
O
resultado tédelo neste vídeo.
xoves, 17 de novembro de 2022
SAÍDA AO MERCADO
A primeira hora as clases de 4º e 6º de Infantil
e cando remataron, comezaron a súa visita 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria.
Coincidimos á hora da merenda.
Visitaron
os postos de peixe e marisco.
Aprenderon distinguir o peixe azul do peixe branco, as femias dos machos de crustáceos como as centolas e as nécoras;
viron
polbos, tiburóns, mantas raias,...
Pasaron tamén pola chacinería e aprenderon os distintos nomes que ten a cabeza do porco:
cacheira, cachucha, cachola, cachaza.
A
visita rematou indo ao espazo do Ganapán, no primeiro andar do edificio.
Alí fixeron diferentes actividades.
martes, 15 de novembro de 2022
Un Mago na Lúa
O ALUMNADO DE 2º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DESFRUTOU DA ACTIVIDADE
“UN MAGO NA LÚA. A ARTE MÁXICA DO ASOMBRO”, UN ESPECTÁCULO CREADO POLO ILUSIONISTA PEDRO VOLTA E QUE AMOSA A EVOLUCIÓN DA MAXIA AO LONGO DA HISTORIA, ASÍ COMO A HISTORIA DOS MAGOS MÁIS IMPORTANTES DA HISTORIA.
MENUDA MONTAXE TIÑA MONTADA NA SALA DE USOS MÚLTIPLES.
NON HOUBO QUEN NON QUEDARA ABRAIADO COS TRUCOS COS QUE
“FLIPAMOS”
O ALUMNADO E O PROFESORADO PUIDERON PARTICIPAR NOS DISTINTOS TRUCOS (DE CARTAS, DE ESCAPISMO...) QUE REALIZOU O COÑECIDO ILUSIONISTA.
O PROFE IAGO E O PROFE ALEJANDRO SAÍRON DE
“VOLUNTARIOS” PARA AXUDARLLE A FACER UNS TRUCOS.
AO FINAL HOUBO COLA PARA QUE ASINARA UNS AUTÓGRAFOS.
AÍNDA NON DERA TEMPO A REXISTRALOS NO CATÁLOGO DA BIBLIOTECA E
¡¡XA HABÍA LISTAXE DE ESPERA PARA LEVAR PRESTADOS!!
TRANQUILIDAD, ESTA SEMANA QUEDAN PREPARADOS😉
APERTAS!!