Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 24 de outubro de 2018

Dia das Bibliotecas Escolares


Hoxe 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares.

As mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina en todas as clases de primaria.



Os voluntarios da biblioteca foron por todas as aulas levando cadansúa mochila viaxeira.

Na clase de 3 anos houbo unha sesión de contacontos
para os tres cursos de infantil. Unha das voluntarias da biblioteca presentoulles aos máis novos do cole a mascota da biblioteca:
PINCO.
Logo contoulles o conto Un dous tres, vampiro es.

Xa temos expostos os fondos do SAMAÍN coas novidades deste curso.
Para complementar a investigación do proxecto anual do colexio hai expostos fondos relacionados co Camiño de Santiago para consulta das clases (cedidos temporalmente pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Santiago).


Rematamos a xornada coas mochilas de viaxe.

xoves, 18 de outubro de 2018

CIBEREXPERT@S


O alumnado de 5º e 6º de primaria do colexio está incluído no Proxecto Edixgal da Consellería de Educación e O. U. para a implantación do libro dixital nos centros educativos, polo que o contacto co ordenador e coa internet é diario. Este feito, ademais do uso continuo das novas tecnoloxías fai necesario que teñan ferramentas para navegar dun xeito seguro. 

Este curso académico o centro escolar solicitou formar parte do programa “Ciberexpert@s” da Policía Nacional, desenvolvido no marco do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a  súa contorna.
O programa Ciberexpert@s   busca que os menores e o entorno educativo e familiar aprendan sobre ferramentas, aplicacións e outros recursos tecnolóxicos que lles axuden a ter unha navegación máis segura. 

O Policía Nacional Delegado de Participación Cidadá da Comisaría de Pontevedra, durante  dez sesións de formación no centro, achegoulles ao alumnado do último curso do colexio de Ponte Sampaio información sobre os perigos que pode entrañar a Internet.

 Acadaron coñecementos sobre a identidade dixital, grooming, ciberacoso, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inaxeitado e xestión da privacidade.
Como superaron todas as sesións e o test final, todos os allumnos e alumnas recibirán un carné de ciberexpert@s, impreso pola “Fábrica de Moneda y Timbre” que non é posible falsificar.


Aí tendes os enlaces á prensa dixital.





mércores, 17 de outubro de 2018

Xuntos facemos o Camiño


OOOLA!!
VAIA CAMIÑATA A DESTE MARTES. AINDA ESTOU UN POUCO CANSO.


O martes saímos cedo do colexio para compartir esta xornada escolar de convivencia entre todas as aulas.
Ao chegares á ponte de pedra comezamos seguir os sinais que marcaban o Camiño portugués de Santiago.


Os máis pequenos seguiron con tanto entusiasmo sinal tras sinal que camiñaron máis do que contabamos nun principio.



Ao longo  do percorrido, compartimos o tramo do Camiño Portugués con moitos peregrinos que colaboraron contestando as cuestións que lle plantexou o alumnado para a investigación 
 sobre o proxecto anual do  colexio deste curso. 

Descubrimos que algúns viñan dende Xapón. 

Saímos na prensa no Faro de Vigo e no periódico dixital PontevedraViva.
Déixovos aquí o enlace:

martes, 16 de outubro de 2018

COMEZA O CAMIÑO


OOOLA!!
ESTOU PREPARADO PARA FACER CON TODOS VOS O CAMIÑO DE SANTIAGO.

XAAA, TEDES RAZÓN.
HOXE, O CACHIÑO QUE PASA PRETO DO NOSO COLEXIO, "NADA MÁIS".
BOA ANDAINA
ATA LOGO!