Mañá, 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, fixado dentro do Calendario do Libro e da Lectura.
Levamos varios cursos celebrando este día no
colexio, mais esta vez que solicitamos a colaboración das familias
para compartilo con nós. A convocatoria deste ano é #AbrirAfiestras e coincidimos compartindo este acto coas familas.
A xornada de hoxe foi de homenaxe a Rosalía
declamando unha escolma dos seus poemas.
Comezaron as profes María e Conchi co poema
Santa Margarida.
Logo continuaron Pablo de 6º coa súa nai Julia
recitando Sin niño.

Quíxente tanto meniña de “Cantares Gallegos” foi a elixida por Izan de 5º e o seu pai Adam.
Antonio e Lucía de 4º coa súa nai Lupe escolleron o poema San Antonio bendito tamén de “Cantares Gallegos”.
Campanas de Bastabales lérono Alma, de
3º e Isabel,
a súa nai.
Representando a clase de 2º curso foron Andrea e a súa nai
Marisol recitando Airiños, airiños aires de “Follas Novas”.
Despois dun paréntese para estirar as pernas, chegoulle a quenda
a Diego e a súa nai Elena de primeiro co poema Xan.
E participaron tamén neste acto poético os alumnos e alumnas de infantil e as súas familias.
Beltrán e a súa nai Olga leron Cantarche, hei
Galicia de “Cantares
Gallegos”.
Maio longo de “Follas
Novas” foi recitada por Celia e o seu pai Manuel.
Continuaron Éric e o seu pai cun anaco do primeiro poema de “Cantares Gallegos”.
Representando aos máis cativos de 3 anos, Manuel e o seu pai
David recitaron Adiós ríos, adiós
fontes.
E rematamos esta magnífico acto con música:
Sabela e a
súa nai Lorena cantando “Adiós ríos, adiós
fontes” e tocando a pandeireta e convidando ao público a acompañalas.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega propón agasallar no Día de Rosalía un libro
en galego e unha flor..
Agradecemos aos colaboradores desta celebración cunha flor e un
poema de Rosalía.
Graciñas a toda a Comunidade Educativa pola súa desinteresada colaboración.