Na biblioteca do noso colexio hai xa tres
cursos que programamos actividades de
dinamización cultural na nosa contorna coa axuda imprescindible do
voluntariado da nosa biblioteca BIBLIOPINCO.
Nesta actividade de lecturas compartidas, un grupo de voluntarias visitaron e compartiron o tempo cos máis cativos na Escola Infantil “Galiña Azul” e cos maiores no Centro de día “Boas Apertas”, ámbalas dúas en Arcade.
Unha vez rematada a actividade na escola infantil acudiron á cita que tiñan cos maiores no centro BOAS APERTAS.
A experiencia foi moi gratificante para todo o mundo, tanto as voluntarias como para os maiores e os máis cativos, compartindo uns momentos moi entrañables e con boas ensinanzas para todos nós.
Deixamosvos un pequeno resumo:
Deixamosvos un pequeno resumo:
Graciñas
ao personal da Galiña Azul e de Boas Apertas por deixarnos compartir con elas
este día e facilitarlles esta marabillosa experiencia.