Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

luns, 27 de febreiro de 2023

Día de Rosalía

Conmemoramos cada curso no noso colexio o 23 de febreiro o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro y Murguía, en Santiago de Compostela (hai 186 anos),   poetisa e escritora galega.

Este ano, celebramos esta data  con distintas actividades nas diferentes aulas e algunhas outras todos e todas conxuntamente.

Nas aulas de infantil colorearon a súa faciana 

fixeron máscaras do mesmo tamaño para decorar os seu retrato

  e aprenderon o poema  
“Adiós ríos, adiós  fontes” 
 co a axuda de pictogramas.

 O programa de radio que prepararon @s voluntari@s esta semana, estivo dedicado como é lóxico a Rosalía de Castro. 

Fixeron a escaleta do programa contando o traballado nas aulas.

Convidaron a recitar uns poemas da autora homenaxeada  a uns alumnos da clase dos maiores na radio e emitir en directo para todo o colexio, 
e a as nenas e nenos da clase de 6º de Infantil que recitaron, 
cadanseu verso cos pictogramas do poema que aprenderan na aula.
Hoxe, co gallo do Día do Teatro  e de  Rosalíaprogramamos no centro unha sesión de contacontos na que participou todo o alumnado de Educación Infantile Primaria, polo que houbo de ser na sala de usos múltiples.

 A representación narraba a historia de Rosalía de Castro contada por unha periodista do século XIX que coñecía moi, moi ben tanto a súa vida como a súa bibliografía.

Ao longo da sesión ía facendo preguntas a cativos e cativas polo que sabían dela. 

O espectáculo foi moi ameno, didáctico e participativo. 

Tanto a rapazada máis cativa como a dos cursos superiores seguiron a actividade con moito interese e participando activamente. 

Por momentos preguntaba tamén en inglés algunha cuestión.

A actriz contacontos pertence a compañía de teatro “Trémola Teatro”. 

Rematou a sesión comentando que había unha estrela que leva o nome de Rosalía de Castro.

 Propuxo como tarefa pescudar cara onde hai que buscar no ceo para poder atopala. 

Case non a deixan recoller de tanto que lle querían preguntar.

A estas alturas, seguro que xa mirastes o ceo para dar con ela.

Non é doado vela a simple vista, pero si que podedes vela cuns prismáticos se sabedes onde mirar.

Neste vídeo explícanvos como atopala no ceo.

https://www.youtube.com/watch?v=Mp-CzAbfgok

Tamén podedes usar a aplicación   Stellarium   que vos axuda a atopala con maior facilidade, pero hai que escribir  HD 149143   na lupa da aplicación. Ese é a nomenclatura que tiña antes de bautizala como 

 Estrela Rosalía de Castro  

https://stellarium-web.org/

sábado, 25 de febreiro de 2023

Enterro da Sardiña

OOOOLA!!!

¡¡AI A POBRE SARDIÑA!!

CO BONITIÑA QUE QUEDOU,

E COMO A DEIXAMOS...

😓😓😓



POIS ALÁ SE NOS FOI O ENTROIDO 

CO PASAMENTO DA NOSA SARDIÑA. 

💜💜💜💜💜💜

LOGO DE COLOREALA

 CON TANTÍSIMO AGARIMO, 😭😭😭

ESCAMIÑA A A ESCAMIÑA,
 COIDANDO NON SAÍR POR FÓRA DELAS...

CON CERAS E  TÉMPERAS DE CORES... MAIS 

 "A CADA PORQUIÑO LLE CHEGA O

 SEU SAN MARTIÑO"

ISO SI, ÉRA BOA, GARDAMOS LOITO RIGOROSO POR ELA, 


EU,... TAMÉN!

 E LEVÁMOLA NO SEU CADALEITO DESFILANDO,

 CHORANDO OS SETE CHORARES,

 SALOUCANDO POR ELA  MAIS POLO SALGUEIRO CHORÓN,

 QUE ALÁ SE NOS FOI DO ENFERMIÑO QUE ESTABA

😭😭😭😭😭

 XA NON PODEREMOS COLGALA MÁIS DAS SÚAS PÓLAS😥😥😥  

 PERO NON SE LIBROU DO DESTRIPE...

  TOCOULLE PASAR A SER PIÑATA NO CUBERTO DO PATIO E

 "VAREÁMOLA", COMO TEN QUE SER.

VAREADAS LEVOU
DENDE A MÁIS PEQUENIÑA DE 3 ANOS 
 
TODA A CLASE DE CATRO,
A CLASE DA PROFE LUCÍA...
ATA O MÁIS MANGALLÓN
DA CLASE DE PRIMEIRO DE PRIMARIA.

 O CASO É QUE AO FINAL, CANDO

 MATÍAS E SILVE LLE DERON O

 VARAZO DE GRACIA

 TOCOU COLLER

 OS PAQUETES DE GUSANITOS 

QUE LEVABA AGACHADOS NO

 BANDULLO.


luns, 20 de febreiro de 2023

VENRES DE ENTROIDO

 OOOOLA!!
 A COMANDA DE HOXE NON TIÑA DÚBIDA, XA A PRIMEIRA HORA:
 MADRUGADOR@S 
                    A PARTIDA DE TODOS OS DÍAS NON PODÍA FALTAR
 XOGADORES DE XADREZ 
 
O DÍA SOLLEIRO ACOMPAÑOU Á FESTA, ESTA VEZ COAS CARAS PINTADAS, LIBRES DE MÁSCARAS POR FIN.

TANTOS NERVIOS HABÍA POLO DESFILE COAS FAMILIAS, COMA SEMPRE, QUE ALGUNHA CLASE ESQUECEU FACER UNHA FOTO DE GRUPO 😩.

 ABELLIÑAS DA CLASE DE 4 ANOS 
 ABELLIÑAS DA CLASE DE 5 ANOS 
 ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA 

 ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA 
 ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA 

 ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA 
LOGO DO DESFILE COMEZARON AS REGUEIFAS.

NON SABEMOS BEN CAL DOS GRUPOS GAÑOU, SOUTOLEÑAZO OU MONTEPORRAZO.

O CASO É QUE RIMOS UN BO RATO COAS SÚAS PICADAS.

CANTARICO COMEZOU CASE SEN CANSAR, 

PERO CANDO COMEZÓU CORRER A CLASE DE 4 ANOS CAMBIOU O CONTO,

ENTRE DESCANSO E DESCANSO DO GALO, ESTE ANO HOUBO EQUIPO DE LIMPIADOR@S.
 NON QUEDABA UNHA PLUMA NO CHAN CANDO COMEZABA UNHA NOVA QUENDA. 

 E NON VOS DIGO NADA CANDO FOI A CLASE DA PROFE LUCÍA...

¡POBRE CANTARICO!, PENSOU QUE REMATARA O CHOLLO, E TOCOULLE OUTRA VOLTA EXTRA...

DESPLUMÁRONO DE TODO ENTRE TODA A RAPAZADA DE PRIMEIRO CURSO.

CANDO CANTARICO FOI DESCANSAR, TOCOUNOS A TOD@S IR A PAPAR.

NOVAMENTE CONTAMOS COA VISITA DAS FAMILIAS, ALGUNHAS DELAS VIÑAN DISFRAZADAS.

REMATAMOS A FESTA, GRAZAS ÁS APORTACIÓNS DAS FAMILIAS, CUNHA MERECIDA MERENDA  CON ORELLAS, FILLOAS, ROSQUILLAS, BISCOITOS,... O NORMAL NESTAS DATAS, "LIXEIRIÑO".

GRACIÑAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POR TODA A AXUDA PRESTADA.

 SE QUEREDES VER MÁIS OLLADE ESTE VÍDEO: 

APERTAS!!