Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Cambio CLIMÁTICO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cambio CLIMÁTICO. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2020

Dia da Familia


OOOLA!!  

Estou un pouco preocupado
Non paran de chegarme mensaxes de xente abraiada por atopar durante os seus paseos luvas e máscaras ciscadas polo chan.
As medidas de hixiene son para previr os contaxios.
De momento non queda outra que usar as máscaras e luvas, cando nolo indiquen,  aínda que se poidan lavar e reutilizar algunhas delas ”non todas” chega un momento que hai que desbotalas nos cubos de lixo dos establecementos, ou nos da casa para botar despois ao contedor verde.
 NUNCA BOTALOS AO CHAN”
Ben sei que “vós” non o facedes, sodes ben aprendidos, pero si que podedes lembrarlle a quen non saiba e aos vosos coñecidos e familiares que non lle acorde que axuden a non contaminar propagando o virus, nin o planeta de paso.
Parabéns para todas as familias confinadas por máis de dous meses polo seu dia.
Xa queda menos para pasar a outra fase, pero “con sentidiño”.

Xa van chegando as vosas aportacións. Lembrade que aínda estades a tempo de mandar as vosas aportacións.
ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS

domingo, 12 de abril de 2020

Domingo 12


OOOLA!! 

DÍXENVOS ONTE QUE FORADES BUSCANDO BOTELLAS DE PLÁSTICO DE REFUGALLO.

PARA QUE? VOS PREGUNTAREDES, POIS PARA ENSINARVOS COMO FACER TRAMPAS PARA AS VESPAS VELUTINAS.
POR QUE ESTOU CUN POTE? PORQUE ESTOU A PREPARAR UNHA BREVAXE PARA ENCHER AS TRAMPAS DAS VELUTINAS.
E POR QUE? PORQUE ESTE É O TEMPO NO QUE ANDAN AS RAÍÑAS A FACER O SEU NIÑOS PRIMARIOS.
 POÑEN UNS 4 OU 5 OVOS,E  

AGORA SON ELAS AS QUE SAEN NA PROCURA DE ALIMENTO E COIDAN AS SÚAS LARVAS ATA QUE SON QUEN DE FACELO AS VESPAS OBREIRAS. A PARTIRES DESTE MOMENTO, AS RAÍÑAS XA NON SAEN MÁIS DO NIÑO.
COMO SE FAN AS TRAMPAS? HAI DISTINTOS XEITOS E TODOS SERVEN. ESTE É O QUE PROPOÑEN DENDE A XUNTA DE GALICIA:


ESTE OUTRO É DIFERENTE, TEN EN CONTA AOS OUTROS BECHIÑOS FACÉNDOLLE UNS PEQUENOS BURATOS  PARA QUE POIDAN ESCAPAR OS MÁIS PEQUENOS SE CAERAN NA TRAMPA.  

PARA A PÓCEMA HAI MOITAS OPCIÓNS, PERO ESTA SEI QUE FUNCIONA SEGURO: UNHA MISTURA DE CERVEXA NEGRA 40%, VIÑO BRANCO 40% E ZUME DE ARANDOS 20%. PODE SER  UN VASO DE ZUME E DOUS DE VIÑO E CERVEXA.

AQUÍ PODEDES VER CALES SON AS DIFERENCIAS ENTRE A VESPA CRABRO AUTÓCTONA E A VELUTINA QUE É ASIÁTICA.
AS VESPAS VELUTINAS SON COMO O CORONAVIRUS, VIÑERON DE ASIA E MULTIPLÍCANSE RÁPIDAMENTE.
PODEMOS AXUDAR A LOITAR CONTRA ESTA OUTRA INVASIÓN POÑENDO TRAMPAS NA FIESTRA OU NO BALCÓN SE TEMOS FLORES OU NAS ÁRBORES SE TENDES XARDÍN.
SE QUEREDES AMOSAR AS VOSAS CREACIÓNS, MANDÁDEAS AO MEU CORREO: bibliopinco@gmail:com, PUBLICAREMOS AS VOSAS FOTOS.

  ÁNIMO FAMILIAS!
TODO  VAI  A  IR  BEN!!

sábado, 9 de novembro de 2019

Efecto PO2

Rematamos a semana cunha actividade que forma parte do proxecto "Efecto PO2" co que o noso Concello quere concienciar a toda a xente e ao alumnado en particular sobre os efectos que o CO2  provoca no noso planeta, a reciclaxe e para previr o  Cambio Climático.
Lorena e Sandra, as monitoras que viñeron, comezaron explicando o proxecto e conversando coa rapazada sobre como crían que podería ser a súa cidade ideal. O que lles gustaría que tivera para mellorala ou que houbera nela.
Presentaron e leron o libro de Eva Mejuto "A miña cidade" que xa forma parte da nosa biblioteca.   
Levaron unhas teas xa pintadas cun debuxo de tubos de escape da mesma ilustradora deste libro, Susana Suniagae deseguido elixiriron o tema para decorar os panos.

Comezaron en primaria e continuaron na sala de usos múltiples co alumnado de infantil de 4 e 5 anos. 
As teas, cento por cento orgánicas, tiñan serigrafíados debuxos  deseñados por  ilustradora do libro e xa estaban preparadas para pintar o fume que saía dos tubos de escape dos panos. 


Como as aulas máis grandes son as de 3º e 5º de primaria, quedaron nas súas aulas xunto coa metade de clase de cuarto curso cada un. A cada clase foi unha monitora.  Tiveron que porse dacordo nos equipos para escoller o tema arredor do cal debuxar cadansúa tea. Fixeron obras de arte.
 O día 27 de novembro, vanse expoñer todos os traballos que se fixeron en todos os centros na Alameda, no paseo das Palmeiras. Lerase un manifesto feito coas ideas e aportacións dos nenos e das nenas dos colexios que participaron nesta xenial actividade. 
Ide ver as vosas creacións.