Estes días de Nadal, as voluntarias da
biblioteca, estiveron ollando e ordenando o andel 82-F,
que é no que están os fondos que elaboran nas aulas e na biblioteca ao longo dos anos:
Feito por Nós.
Pasárono en grande relendo o libro viaxeiro que fixeran cando estaban na clase de 5º de infantil no curso 2013-2014, case nada.
Como querían compartir ese momento tan agradable que pasaron, ao día seguinte foron na hora de ler á clase de 6º de primaria, onde estaban a maioría d@s autor@s deste fantástico caderno con moitas lembranzas para toda a nosa comunidade educativa.
As gargalladas escoitábanse por todo o
corrredor...
REMATOU
O TRIMESTRE E MAILO DURO QUE FOI POLAS BAIXAS ABUNDANTES QUE TIVEMOS POLA COVID-19, NON HOUBO QUE
CONFINAR NINGUNHA AULA E SEGUIMOS PARA DIANTE.
TANTO
PARA OS E AS QUE PUIDESTES VIR, COMO PARA
AS E OS QUE QUEDASTES NA CASA CONFINADXS
VOUVOS RESUMIR O QUE FIXEMOS ESTE ÚLTIMO MES DE DECEMBRO TAN ESTRAÑO OU MÁIS
QUE O DO 2020.
QUERIAMOS
TENTAR QUE FORA O MÁIS “NORMAL” POSIBLE, ESTE BECHO NON VAI PODER CON NÓS.
DECORAMOS
AS PORTAS DAS AULAS CON MENSAXES DE ÁNIMO E ESPERANZA FEITOS NA CLASE.
ESTE CURSO GAÑARON CLARAMENTE AS ÁRBORES, PERO TODAS
DIFERENTES, BEN LUCIDAS E FEITAS COLABORANDO NA SÚA ELABORACIÓN.
RESPECTANDO AS TRADICIÓNS, ELABORAMOS AS POSTAIS DE NADAL PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA COS DEBUXOS
DO ALUMNADO MÁIS PEQUENO E OS TEXTOS CREATIVOS DAS CLASES DE PRIMARIA.
COSTOU
UNHA BARBARIDADE DE TEMPO ESCOLLER ENTRE AS DIFERENTES OBRAS QUE PRESENTARON.
AO FINAL COMBINAMOS OS DEBUXOS COAS TRASEIRAS E QUEDARON UNHAS POSTAIS
PRECIOSAS.
ONTE GRAVAMOS O VÍDEO DE FELICITACIÓN CON TODO O ALUMNADO QUE
PUIDO VIR AO COLEXIO PARA TODAS E TODOS OS QUE QUEDARON NA CASA. MIRÁMOLO HOXE
NAS AULAS.
HOUBO TEMPO PARA LER E XOGAR COAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA, E COS FONDOS DO NADAL EXPOSTOS XUNTO A ÁRBORE ADORNADA COS NOSOS ADORNOS.
@S VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA AXUDARON A FACER A MENSAXE DE FELICITACIÓN PARA A EXPOSICIÓN DE NOVIDADES, QUE ESTE ANO FOI TAMÉN EN INGLÉS.
A NOSA ORIENTADORA, BEA,FOI CONTANDO POLAS CLASES O CONTO ¿DÓNDE ESTÁN LAS REINAS DE ORIENTE? DEIXANDO BEN CLARIÑO A
LABOR QUE FAN AS TRES RAÍÑAS.
MALIA NON PODER FACER UN FESTIVAL XUNTOS, VIÑEMOS MOI ELEGANTES PARA FACER UN FIN DE ANO PARTICULAR. 🎄☕🎄☕🎄☕🎄
COMPARTIMOS AS BADALADAS
POR MEGAFONÍA ÁS DOCE DO MEDIODÍA TODAS AS AULAS TOMANDO “GUSANITOS” E LOGO UN
CHOCOLATE CON ROSCA SEGUINDO TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE E BEN ABRIGADOS
PORQUE AS FIESTRAS ESTABAN ABERTAS DE PAR EN PAR.🎅🎄 🎅
HOXE LEVARON, XUNTO COAS NOTAS, OS TRÍPTICOS COAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL EN PAPEL.
LEMBRADE CONTINUAR COAS MEDIDAS DE HIXIENE, LAVADE AS MANS
SEGUIDO, POÑEDE MÁSCARA E GARDADE DISTANCIA PARA VIR O ANO QUE VEN CON FORZAS
RENOVADAS E CASE TODO O ALUMNADO VACINADO.
ESTE É O PRODUTO FINAL DUNHA SERIE DE ACTIVIDADES DE
CONCIENCIACIÓN QUE LEVAMOS A CABO NESTE CENTRO.
COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO LIBRO
“PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO”POLA SÚA AUTORAJESSICA RODRÍGUEZ PIÑEIRO QUE, DESPOIS DE LELO, FIXO UN OBRADOIRO PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO CO
ALUMNADO DE 1º E 5º DE PRIMARIA.
POLO COVID-19 SOAMENTE PUIDERON PARTICIPAR DOUS GRUPOS DIRECTAMENTE COA AUTORA.
POR TODAS AS OUTRAS AULAS FOI CATA, A MESTRA DE PT, E FOI ELA QUEN LLES CONTOU ESTA PECULIAR HISTORIA. TAMÉN FIXERON O OBRADOIRO CON ELA CUNHA MONTONEIRA DE CALCETÍNS DESPARELLADOS NA BIBLIOTECA.
A NOSA ORIENTADORA, BEA, FOI POR TODAS AS AULAS A FACER UN
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS PARTINDO DO CONTO “A MELLOR SOPA DO MUNDO”.
CADA AULA ELABOROU UNHA RECEITA COS INGREDIENTES MÁXICOS QUE FORON XURDINDO: Aceite del amor, Apertas, Mel da risa,...
ESTES DÍAS NAS AULAS FORON DECORANDO COLOREARON CALCETÍNS E ESCRIBIRON NELES PALABRAS DE RESPECTO E UNHA PEZA DUN
CREBACABEZAS
PARA ELABORAR UN MURAL COOPERATIVO CO LEMA
“CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, A MARABILLA DO RESPECTO”
O GRUPO DE VOLUNTARIXS DA BIBLIOTECA MONTARON O CREBACABEZAS COAS PEZAS E AS LETRAS DO LEMA FEITAS POR TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
FIXEMOS UNHA REPRESENTACIÓN PENDULANDO NA ENTRADA O
MURAL E OS CALCETÍNS DECORADOS NA AULA REXEITANDO A VIOLENCIA DE XÉNERO.
SEMPRE TEMOS PRESENTE O RESPECTO QUE MERECE TODO O MUNDO
A SER E ACTUAR CON LIBERTADE E SEN VIOLENCIA DE NINGÚN TIPO.
COAS CASTAÑAS E A LEÑA QUE TRUXERON DE CASA, JOSE PUIDO ASAR AS CASTAÑAS E
KARL, O LECTOR DE INGLÉS QUE TEMOS ESTE CURSO, DESCUBRIU UNHA DAS NOSAS
TRADICIÓNS DE OUTONO: O MAGOSTO
PASAMOS BOA PARTE DA MAÑÁ AO AIRE LIBRE ENTRE XOGOS E
CASTAÑAS.
O ALUMNADO FOI ROTANDO POLOS XOGOS CO SEU GRUPO, GARDANDO AS DISTANCIAS E CON DESINFECCIÓN DE MANS NOS CAMBIOS DE XOGOS.
AS CARREIRAS DE SACOS NON PODÍAN FALTAR
PERO O "CASTAÑAZO AO PROFE " FOI UN DOS XOGOS MÁIS ESPERADOS
ESPERAMOS PODER FACER O PRÓXIMO NOVEMBRO OS XOGOS TRADICIONAIS COAS FAMILIAS.
ANTES DE REPARTIR AS CASTAÑAS
ENTREGAMOS OSAGASALLOS DO CONCURSO DE CABAZAS.
FINALMENTE MERENDAMOS AS CASTAÑAS QUE ENCHÍAN OS CUCURUCHOS QUE FIXEMOS.