Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

domingo, 22 de decembro de 2019

Rematamos este trimestre cun Nadal de cine.
O belén quedou de película, o anxiño do portal tiña certo parecido con alguén a quen lle encantou ...

Este Nadal tivemos unha chea de parellas presentando as actuacións.


Viñeron tocar para nós os pais de Carolina e Fátima.    
Cantamos panxoliñas todos xuntos, comezando o alumnado de infantil en dúas quendas.
Este festival foi variado coas panxoliñas en galego, castelán, inglés e mesmo en lingua de signos.

Mirade como signaban 
"Os pitiños, buscaban unha estrela",
 parabéns polo traballo.
Rematamos o festival cantando xuntos seguindo ao profe Sergio.
Celebramos o final de trimestre coas 12 badaladas, chocolate quente e rosca para todo o mundo.
E agora, somentes queda desexarvos un ...

Vémonos en xaneiro de 2020!

martes, 17 de decembro de 2019

Recomendacións Lectoras

OOOLA!

COMO IDES TER MOITO TEMPO ESTES DÍAS QUE VEÑEN.
DEÍXOVOS UNHAS SUXERENCIAS  PARA LER ESTE NADAL.
LEMBRADE PEDIRLLE AOS REIS OU A PAPÁ NOEL UN LIBRO.
ATA LOGO!!! 

sábado, 14 de decembro de 2019

Luis Zahera

Non podiamos traballar nun proxecto sobre o cine sen ter contacto con alguén que o vivira moi de preto.
Que mellor xeito de aprender sobre o traballo dos actores e as actrices no cine que preguntarlle directamente a un deles?
Pincha aquí !

Pincha aquí para velo entrar





 Onte despregamos a alfombra vermella para recibir, nada menos que a 
Luís Zahera,
un actor que conta cun GOYA ao mellor actor de reparto, entre os moitos premios que leva acadados ao longo da súa traxectoria nas artes audiovisuais.


Ao longo de varias xornadas o alumnado pescudou información sobre o actor realizando despois unha presentación multimedia coa súa traxectoria artística que foi proxectada ao principio
Queredes ver de novo a montaxe que fixestes? Pincha aquí

Luís Zahera compartiu con nós unha xornada "de cine" na que contestou as moitas e variadas preguntas que lle fixeron.
A través das respostas que deu soubemos detalles sobre o que máis lle gustaba, e o que non tanto, da súa profesión. 
Ollade e escoitade o que pensaba cando era neno que ía ser ao medrar:
                              
Nas respostas que ía dando apuntaba detalles e información do que supón unha rodaxe e a terminoloxía que usan na rodaxe das películas e das series.
A súa materia preferida no colexio era a educación física.
Decidiu que quería ser actor logo de ir cunha das súas irmáns maiores ao teatro.

Non lle gustan nada nin os libros nin as películas de medo e tampouco os musicais.
 De ter que escoller un, Petróleo, da serie Mareas Vivas é o papel que recorda con máis agarimo, pero o traballo que máis lle gusta é o que está por vir...  
                                 Lembrade como o dixo:
                                            

Contou que nos seus papeis tocáballe case sempre ou morrer, ou matar ao actor protagonista.
Considérase moi afortunado na súa profesión por poder vivir exclusivamente do seu traballo como actor.
Malia ser case sempre o malo da película decatáronse pronto que soamente era "un papel", que na vida real era todo o contrario e todo o mundo quedou encantado coa súa amabilidade, sinxeleza e simpatía.

 Felicitou aos artistas que fixeron caricaturas da súa faciana, algunhas tiñan un parecido interesante.
  














Retratouse co alumnado de todas as clases e 



 deixounos as pegadas das súas mans plasmadas  nunha baldosa, para o noso particular paseo da fama, onde quedarán como lembranza desta memorable visita.

  
Graciñas Luis Zahera por facer un oco na túa axenda para acompañarnos nesta xornada tan especial.

Saímos na prensa: