Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Actos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actos. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de maio de 2024

Ciberexpert@s.

OOOOLA!! 

 UN ANO MÁIS O ALUMNADO DE 6º CURSO DE PRIMARIA CONSEGUIU O CARNÉ DE CIBEREXPERT@S 

HOXE FOI A ENTREGA DOS CARNÉS NA SÚA AULA.

O SUBDELEGADO DO GOBERNO EN PONTEVEDRA, D. ABEL LOSADA, XUNTO CO COMISARIO PROVINCIAL DA POLICÍA NACIONAL D. JUAN JOSÉ DÍAZ MAILO DIRECTOR DO COLEXIO D. AVELINO CABALEIRO FIXERON A ENTREGA DOS CARNÉS DE CIBEREXPERT@ A TODO O ALUMNADO DE SEXTO CURSO.

O SUBDELEGADO DOULLES PARABÉNS POR TER SUPERADO ESTE CURSO, RECALCANDO A IMPORTANCIA DE COÑECER AS VANTAXES MAILOS RISCOS QUE IMPLICAN O USO DAS TECNOLOXÍAS.

ANIMOUNOS A  TRANSMITIR OS COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS AO RESTO DE ALUMNADO E TAMÉN AXUDAR NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS A PAIS, NAIS AVÓS E AVOAS.

CONTAMOS CONTINUAR PARTICIPANDO NESTA ACTIVIDADE O CURSO QUE VEN.

     SAÍMOS NA PRENSA:       

https://www.pontevedraviva.com/xeral/103956/policia-nacional-cuatro-colegios-71-nuevos-ciberexpertos-carne/

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2024/05/06/subdelegacion-conciencia-escolares-ponte-sampaio-101992845.html

DEICA   LOGO!!

venres, 28 de febreiro de 2020

Día de Rosalía

Dentro do Calendario do Libro e da Lectura, o 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro.  

En cada unha das clases escolleron algúns poemas de Rosalía para compartir con todos nós.
O alumnado voluntario encargouse de encher os corredores do centro con estes poemas escollidos de Rosalía que traballaron nas aulas.
Nos corredores do colexio están cheos de cachiños de Rosalía.
Os máis pequenos gozaron percorrendo o centro na procura destes recunchos e gozando especialmente co que decoraron e aprenderon na aula.

Este curso cadrou luns de entroido o día 24, daquela foi este venres o día que no noso centro fixo o seu acto de conmemoración.
Solicitouse colaboración ás familias dos distintos niveis para ler unha escolma dos poemas da autora homenaxeada, como en anos anteriores.
Na aula de usos múltiples realizamos un acto de lecturas compartidas de breves textos de Rosalía de Castro.
Logo da lectura as alumnas e os alumnos agasallaron as súas respectivas familias cunha flor e un poema como agradecemento.
Graciñas a toda a Comunidade Educativa pola súa desinteresada colaboración.


sábado, 1 de febreiro de 2020

Conmemoración Dia da Paz

Este xoves houbo no centro co galo do DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA un acto conmemorativo.
O alumnado de todos os cursos amosou os cartaces que fixera nas distintas aulas. 
 Explicaron polo miúdo o que querían reflectir nas  súas creacións.

O enfoque da maioría dos traballos centrabase na realidade  cotiá  da violencia de xénero.
De seguido ían ao corredor para montar coas súas producións un gran  mural conmemorativo coma se foran fotogramas.


O alumnado de 6º de primaria declamóu unha escolma de poesías da paz de varios autores e autoras.
Logo de amosar todos os cartaces cantamos todos xuntos a canción ”Ou iso ou aquilo” de Sérgio Tannus.

venres, 17 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

 Se o mércores os protagonistas foron os maiores de Boas Apertas, onte o protagonista  foi o alumnado  máis pequeno do colexio.
Finalizamos o xoves as actividades da Semana das Letras Galegas no colexio cun entrañable acto no que o alumnado de 1º de Primaria fixo unha magnífica representación da vida de Antonio Fraguas Fraguas dende o nacemento ao seu pasamento.
Participaron todas e todos apoiándose nunha montaxe audiovisual. 
Houbo narradoras e narradores, actrices e actores que contaron e representaron a súa vida dende o Antón máis neno ata o Antón máis velliño moi ben caracterizados, Garda Civil incluída.

Cautivaron a todo o público que seguiu a obra con gran atención, facendo máis dun papel con cambio de vestiario incluído.
Esta clase ten madeira de artistas.
Que ben o fixestes!
Noraboa á clase de primeiro pola obra.
Continuaron  recitando o poema de O casamento da mosca e a pulgaestreándose a clase de tres anos.
Antes do vídeo, os "maiores" de infantil recitaron "O raposo" lucindo as súas carautas.
A continuación, visionamos o vídeo que fixeron no IES de Cotobade "Antonio Fraguas e os seus mestres".

O alumnado de sexto curso elaboróu un traballo sobre a súa  vida, pero en versión Banda Deseñada.

  Repartíuse entre toda a Comunidade Educativa.
Aí volo deixamos:




mércores, 27 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

O 24 de febreiro de 1837 nace Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Con ela nace a esperanza dunha Galicia libre e digna, que quere dignidade para o seu pobo, para a súa cultura e sobre todo para a súa lingua.
Celebramos este día facendo lecturas compartidas de poemas de Rosalía coas familias da nosa escola.

Dúas voluntarias da biblioteca presentaron o acto.


Houbo unha lectura por cada aula, leron fillos, fillas, nais, pais e tamén un avó coa súa neta.


Como agradecemento, agasallamos as familias colaboradoras cun diploma e unha flor.
Aí vos queda un resumo de imaxes:

mércores, 20 de febreiro de 2019

Entrega Carnés Ciberexpert@s

OOOLA!!

XA VOS COMENTARA QUE ESTABA PENDENTE A ENTREGA DOS CARNÉS DE Ciberxpert@s.

ONTE VIÑERON AO COLEXIO A FACER O ACTO DE ENTREGA:

A SUBDELEGADA DO GOBERNO EN GALICIAA COMISARIA DA COMISARÍA DE PONTEVEDRA
O INSPECTOR DO CENTROO DIRECTOR DO COLEXIO,  VARIOS AXENTES DA POLICÍA NACIONAL E UNHA CHEA DE PERIODISTAS.


LOGO DE FALAR AS DISTINTAS  AUTORIDADES, ENTREGÁRONLLES OS SEUS CARNÉS.
 
CANDO DESPOIS OS NEOS E NENAS COMEZARON A FACER PREGUNTAS, NON HABÍA QUEN OS PARARA.
NORABOA POR TER ACADADO O VOSO CARNÉ DE Ciberxpert@s! 
AGORA SO TEDES QUE APLICAR TODO O APRENDIDO.
ATA LOGUIÑO!

xoves, 14 de xuño de 2018

Entrega de premios Pinco-retos


OOOLA!!
XA ESTÁN LISTOS OS AGASALLOS PROMETIDOS.
O VINDEIRO MARTES 19 
 NA BIBLIOTECA, Á HORA DO RECREO.
VÉMONOS ALÍ.
ATA LOGO!!!

xoves, 7 de xuño de 2018

Susa Herrera


Hoxe Susa Herrera visitou o colexio de Ponte Sampaio e compartimos con ela unha fantástica xornada musical como remate do proxecto dos animais que traballamos este trimestre.
Todos os nenos e nenas do centro e profes tamén gozamos aprendendo e bailando as cancións do BABUÍNO, do RINOCERONTE BLANCO, do FACÓCERO, da LLAMA, do BISONTE EUROPEO e do WATUSSI.

Antes de comezar con cada canción, Susa contábanos unha pequena historia de cada animal, das súas características máis salientables e onde vivía.

Primeiro aprendeunos a letra do retrouso, logo os xestos coa melodía e ramatabamos cada canción, como non, cantando.

Rematamos esta actividade co varios profes cantando e bailando con Susa, e que ben o pasamos…
Graciñas Susa por compartir esta xornada con todos nós.


venres, 27 de abril de 2018

DIA MUNDIAL DO LIBRO

Este luns celebramos no colexio, un ano máis,   unha xornada de lecer e lectura coas actividades de Libros a Fóra na que facemos unha xornada de lectura no patio enparellados nenos e nenas de distinto nivel lector. 
 Calquera recuncho valía
 Uns querían sol e outros sombra.
Calquer sitio era bo.
Por sorte acompañóunos o bo tempo un ano máis.
Todos o alumnado escolle un do seus libros preferidos para llo contar a súa parella lectora no patio. 
 Os voluntari@s da biblioteca recollen aos máis pequeniños e encárganse da recollida dos libros da biblioteca para levalos os andeis.
Rematando a última sesión baixamos ao patio cuberto para a "Lectura Colectiva do Quixote", este ano o capítulo escollido foi La aventura de Calvileño. 
Leron dúas nais, dous voluntarios e dous profesores representando a comunidade educativa neste acto aberto a todos.
Se queredes ver máis...
Graciñas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración.

venres, 23 de febreiro de 2018

DIA DE ROSALÍA


Mañá, 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, fixado dentro do Calendario do Libro e da Lectura.

Levamos varios cursos celebrando este día no colexio, mais esta vez que solicitamos a colaboración das familias para compartilo con nós. A convocatoria deste ano é #AbrirAfiestras e coincidimos compartindo este acto coas familas.

A xornada de hoxe foi de homenaxe a Rosalía declamando unha escolma dos seus poemas.
Comezaron as profes María e Conchi co poema 
Santa Margarida.
Logo continuaron Pablo de 6º coa súa nai Julia recitando Sin niño.
Quíxente tanto meniña de “Cantares Gallegos” foi a elixida por Izan de 5º e o seu pai Adam.
Antonio e Lucía de 4º coa súa nai Lupe escolleron o poema San Antonio bendito tamén de “Cantares Gallegos”.
Campanas de Bastabales lérono Alma, de 3º  e Isabel,
a súa nai.
Representando a clase de 2º curso foron Andrea e a súa nai Marisol recitando Airiños, airiños aires de “Follas Novas”.
Despois dun paréntese para estirar as pernas, chegoulle a quenda a Diego e a súa nai Elena de primeiro co poema Xan.

E participaron tamén neste acto poético os alumnos e alumnas de infantil e as súas familias.
Beltrán e a súa nai Olga leron Cantarche, hei Galicia de “Cantares Gallegos”.
Maio longo de “Follas Novas” foi recitada por Celia e o seu pai Manuel.
Continuaron Éric e o seu pai cun anaco do primeiro poema de “Cantares Gallegos”.
Representando aos máis cativos de 3 anos, Manuel e o seu pai David  recitaron Adiós ríos, adiós fontes.

E rematamos esta magnífico acto con música:

Sabela e a súa nai Lorena cantando “Adiós ríos, adiós fontes” e tocando a pandeireta e convidando ao público a acompañalas.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega propón agasallar no Día de Rosalía un  libro en galego e unha flor..  

Agradecemos aos colaboradores desta celebración cunha flor e un poema de Rosalía.

Graciñas a toda a Comunidade Educativa pola súa desinteresada colaboración.