OOOLA!!
XA QUEDA POUQUIÑO PARA REMATAR ESTE
ANO.
NON É SIN TEMPO!
COMEZAMOS ESTE CURSO VÉNDONOS A MEDIAS, CUN MONTÓN DE NORMAS NOVAS PARA
APRENDER E PROTOCOLOS A SEGUIR. A VERDADE QUE TODO ISTO É UN ROLLO, PERO COMO
BEN SABEDES E APRENDESTES "MOI BEN", CÓMPRE FACELO POR UN TEMPO PARA NON DEIXAR QUE VEÑA O
BECHO A VISITARNOS.
ESTE CURSO NON FOI POSIBLE FACER O
FESTIVAL DE NADAL, PERO AÍNDA ASÍ, DESPEDIMOS ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE TAN
COMPLEXO CON MOITAS E VARIADAS ACTIVIDADES.
FIXEMOS UNHA SELECCIÓN DE LIBROS,
PELÍCULAS, PANXOLIÑAS E REVISTAS DA NOSA BIBLIOTECA PARA PODER USAR NAS ACTIVIDADES DE NADAL NAS AULAS.
PESCUDAMOS INFORMACIÓN DOS DIFERENTES
XEITOS DE FESTEXAR O NADAL NO MUNDO.
GRAVAMOS UN VÍDEO NO QUE PARTICIPAMOS TODO
O ALUMNADO E PROFES DO COLEXIO PARA FELICITAR AS FESTAS:
|
TARXETAS FINALISTAS |
FOI MOI, MOI DIFÍCIL ELIXIR ENTRE
TODAS AS TARXETAS DE NADAL QUE FIXESTES NAS AULAS, PERO NA ÚLTIMA SELECCIÓN DAS
POSTAIS FINALISTAS HOUBO UN POUQUIÑO DE TODOS OS CURSOS PARA FACER AS MONTAXES
DEFINITIVAS E LEVASTES CADANSÚA PARA CASA.
DECORAMOS AS FIESTRAS E AS PORTAS DAS
AULAS PARA DARLLE UN POUCO DE AIRE DE NADAL AO COLEXIO. NA ELECCIÓN CASE SEMPRE
TRIUNFAN AS ÁRBORES... OLLADE!
OS NENOS E AS NENAS DE 5º DE PRIMARIA, ELABORARON E REDACTARON POR PARELLAS OS SEUS PROPIOS DIÁLOGOS NAS CLASES DE INGLÉS PARA FACER UN CHRISTMAS ROLE-PLAY (PEQUENAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS), DÁNDOLLE UN TOQUE DE HUMOR.
NA AULA DE 6º CURSO DE PRIMARIA PENSARON QUE NESTES TEMPOS TAN DIFÍCILES, FELICITARNOS AS FESTAS CUN FRAGMENTO DA CANCIÓN DE JONH LENNON “Happy Christmas”, PODÍANOS TRANSMITIR ESPERANZA E ILUSIÓN NESTAS DATAS TAN SINALADAS, E COA CANCIÓN DE MARIA CAREY “All I Want For Christmas Is You” TRANSMITIRNOS MOITA ALEGRÍA E GAÑAS DE FESTA.
FOI NAS CLASES DE PLÁSTICA ONDE DESEÑARON E MONTARON O PHOTOCALL QUE APARECE NO VÍDEO QUE GRAVARON PARA DESEXARNOS UN BO NADAL A TODOS E TODAS "IN ENGLISH".
O VIRUS NON NOS VAI IMPEDIR
DISFRUTAR DESTAS FESTAS!
HAVE A VERY MERRY CHRISTMAS AND
A HAPPY NEW YEAR!!
POR SE ALGUÉN NON AS ATOPARA, AÍNDA QUE XA LEVASTES UNHAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL, DÉIXOVOLAS AQUÍ
TAMÉN.
LEMBRADE QUE LENDO PODEMOS VIAXAR A ONDE QUEIRAMOS.
E POR ÚLTIMO, COMO PREMIO AO FABULOSAMENTE BEN QUE VOS PORTASTES, REMATAMOS ESTE TRIMESTRE FESTEXANDO
O FIN DE ANO E O NADAL POR ADIANTADO, TOMANDO AS “UVAS” COAS BADALADAS RETRANSMITIDAS SIMULTANEAMENTE NAS PANTALLAS DE TODAS AS AULAS. PARA POSTRE, NO RECREO HOUBO ROSCA E CHOCOLATE QUENTIÑO PARA CADA GRUPO NA ZONA ASIGNADA.
BOAS FESTAS!! E NON ESQUEZAS
LEVA SEMPRE A MÁSCARA!
LAVA AS MANS!
FORA VIRUS!