Este é o lema escollido este curso no noso colexio para a celebración do Día Escolar da
Paz.
O alumnado de 6º de infantil axudou a decorar e recortar as letras do lema:
Os alumnos e as alumnas de cada grupo fixeron relación dos conflitos máis
habituais que xorden nas aulas e no centro, traballaron por equipos colaborativos propoñendo maioritariamente o diálogo para a súa
resolución.
Na celebración de hoxe, o alumnado de 6º leu un manifesto en defensa da
negociación e o diálogo como instrumento de resolución de conflitos, lembrando
as palabras do gañador en 1984 do Nobel da Paz, Desmond Tutu, finado hai un
mes:
“Se queres a paz,
non fales cos teus amigos,
fala
cos teus adversarios”
Seguidamente foron expoñendo un dos conflitos traballados en cada clase e
o camiño de resolución negociado, debatido e acordado.
Cando alguén che quita algo...
O reparto da zona de xogos e o seu uso...
Cando non se respecta a quenda na fila...
Cando non se respectan as normas Covid...
O reparto de quendas e o tempo do uso dos vestiarios...
Cando non escoito e non respecto as ideas dos meus compañeiros...
Cando non consigo o que quero...
Rematamos a celebración cantando e bailando a canción “Libertad” de Nil
Moliner.
(Clica no título da canción para ver e escoitar o videoclip).
Os alumnos e as alumnas de 5º curso de primaria animaron a todo o mundo para facer unha coreografía coa canción que aprenderan co profe Sergio.
A conmemoración do Dia da
Paz no colexio foi un pouco diferente ás dos anos anteriores.
En cada aula traballamos
arredor da figura dunha personaxe galardoada co premio Nobel da Paz de
diferentes países. Pescudamos información das persoas e do país de procedencia
para contextualizar os datos e aumentar os lugares do mundo polos que viaxamos
seguindo o noso proxecto anual.
Acordamos compartir todas as
clases a información destas figuras relevantes da historia a través dunha
exposición oral recollida nun vídeo.
Na clase de tres anos aprenderon moitas cousiñas sobre Nelson Mandela gañador doPremio Nobel da Paz en 1993.
LIU XIAOBO,foi galardonado co Premio Nobel da Paz no ano 2010. Na clase de 5º de infantil aprenderon moito sobre el.
A clase de 6º de infantil investigou a figura deTERESA DE CALCUTA, Premio Nobel da Paz en 1979.
Na clase de 1º de primaria pescudaron información sobre MALALA YOUSAFZAI, Premio Nobel da Paz en 2014.
WANGARI MAATHAI foi a primeira muller africana en acadar o Premio Nobel da Paz no 2004. O alumnado da aula de 2º curso cóntanos porqué foi galardoada.
Na clase de 3º de primaria pescudaron información sobreRIGOBERTA MENCHÚPremio Nobel da Paz en 1992.
BARACK OBAMA acadOU o Premio Nobel da Paz no 2009.
O alumnado da clase de 4º curso conta porqué.
Na clase de 5º de primaria pescudaron información sobre oNobel da Paz que lle concederon áUNIÓN EUROPEAno ano2012.
NADIA MURAD e DENIS MUKWEGE compartiron no ano 2018 o Premio Nobel da Paz 2018. O alumnado de 6º curso cóntanos porqué lles concederon este premio.
A tradición do colexio de
cantar e bailar unha canción con esta temática mantivémola, iso si, con algún
cambio polo protocolo Covid-19.
Cantar, cantamos; bailar, bailamos, pero cada
clase na súa aula. Xa o veredes.
Escollemos unha canción
tradicional dos maorís deNova Zelandia, cuxa cultura e filosofía céntrase no
amor e o coidado que a maioría deste pobo sinte polo medio ambiente.
Este
é o lema escollido para conmemorar oDia da Paz e non Violencia Escolarno noso colexio, relacionado co proxecto anual no que estamos traballando este curso.
“XUNTOS CAMIÑAMOS POLA PAZ”
Con
este lema fixemos entre todos un mural,
no que se pegaron as frases que cada aula elaborou a partires deste lema.
Todo o
alumnado do colexio decorou un adhesivo con varios deseños do lema deste ano para
levar ao participar no acto conxunto do colexio na aula de usos múltiples.
Comezaron
os alumnos de 6º lendo o
Manifesto
Pola Pazque redactaron na
clase.
De seguido unha parella por aula foi lendo as frases que xurdiron analizando e dialogando o lema nas súas aulas.
Os nenos e as nenas de cinco anos contáronnos xuntos cales eran os seus
desexos de paz.
Rematamos
cantando e bailando todos xuntos a canción
A xornada do martes 30 de xaneiro vivímola no
CEIP de Ponte Sampaio reuníndonos no ximnasio para compartir
"UN MAR de DESEXOS"
Este foi o lema que escollimos este curso no colexio. Compartimos mensaxes coa Escola infantil A Galiña Azul de Arcade que mandou unhas cantas botellas decoradas con bos desexos escritos nelas. Con todas estas mensaxes elaboramos estes murais.
Murais elaborados coas mensaxes de paz..
Comezaron o acto os alumnos de 6º coa lectura do
manifesto pola paz.
A continuación todos os nenos e nenas de tres
anos contáronnos cales eran os seus desexos de paz.
Deseguido unha parella de cada aula foi lendo por
quendas dúas mensaxes escollidas nas súas clases.
Paula e Érika leron en inglés que xa había 50 anos que asesinaran a
Martin Luther King.
Rematamos o
dia cantando xuntos a canción do profe Sergio
Bos días a todos os presentes nesta
Xornada do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.
Esta Xornada celébrase, dende o
ano 1964, cada 30 de Xaneiro, data do aniversario da morte de Gandhi. Sabedes
quen foi? Pois foi un avogado e político da India, que lle adicou gran parte da
súa vida a traballar polos dereitos humanos, así como tamén polo diálogo e o
respecto entre os seres humanos, os pobos, as relixións... E todo isto sen
utilizar nin as armas nin a violencia. Tén frases moi fermosas, como:
“Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño”,
“Sé ti o cambio que queres ver no mundo”.
Esta última vainos moi ben para o
lema deste ano, que é:
“O mundo que queremos; as nosas relacións”.
E como é algo que nos importa
moito por iso estes días nas clases fixemos un decálogo de paz e falamos de
levarnos ben entre nós, porque iso mola…
Gústanos que nos traten con
amabilidade, con respecto, con cariño, que nos valoren e queiran tal como
somos, que nos acepten, que nos escoiten, que compartan, que conten con nós…
Pois este tén un camiño de volta: facerlle aos demais exactamente o mesmo:
escoitar, valorar, agradecer, respectar... Se estamos convencidos contaxiaremos
coas nosas accións ás persoas que nos rodean. E así iremos facendo da nosa
casa, do noso cole, do sitio onde vivimos ese mundo que queremos.