Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

venres, 26 de marzo de 2021

Recomendacións Lectoras

OOOLA!!  

ALÁ VAI O SEGUNDO TRIMESTRE. COMO PASA O TEMPO…

O FINAL FOI BEN DISTINTO AO DO CURSO PASADO.

HAI UN ANO ESTABAMOS CONFINADOS NA CASA SEN PODER SAÍR, AGORA PODEMOS MOVERNOS POR TODA GALICIA. XA É UN BO CAMBIO E CONTO, ESTA VEZ SÍ, CON VERVOS Á VOLTA DAS VACACIÓNS.

ESTES DIAS SON FANTÁSTICOS PARA ADICARLLE UN TEMPO Á LECTURA.

POR SE ALGUÉN NON SE LEMBRA ONDE ESTÁ O TRÍPTICO QUE VOS FIXEN, AQUÍ DEIXO UNHA COPIA DIXITAL, POLAS DUDAS.

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!                   

LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

xoves, 25 de marzo de 2021

Dia de Rosalía

Dentro do Calendario do Libro e da Lectura, coincidindo coa data do seu nacemento no ano 1837, o 24 de febreiro celébrase o 

Día de Rosalía de Castro.

Na hora de ler, nas aulas do colexio limos versos dos poemas escollidos e o alumnado plasmou a súa faciana con variados estilos plásticos.



As cancións do disco “Rosalía pequeniña” de Uxía amenizaron a nosa xornada.

Estes últimos cursos, as familias da Comunidade Educativa deste centro están colaborando con nós na lectura dunha  escolma de breves textos dos poemas da autora homenaxeada.

celebración dun acto conmemorativo, no que se lee unha escolma  na sala usos múltiples.

Contamos con que máis adiante poidamos retomar este bo costume e manteñamos a tradición. Estas son imaxes doutras celebracións:

Dia de Rosalía de Castro



sábado, 13 de marzo de 2021

Entroido

 OOOLA!!
 BRAVO, BRAVO, BRAVO! 

MENOS MAL QUE AS METEORÓLOGAS CONSULTADAS ACERTARON E PUIDEMOS CELEBRAR A FESTA DO ENTROIDO NO PATIO.

É UNHA MÁGOA NON PODER CONTAR ESTE CURSO COA PRESENZA DAS FAMILIAS E TROULEAR POR TODO O PATIO LIBREMENTE, MÁIS AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN DO PROTOCOLO COVID HAI QUE RESPECTALAS PARA MANTER O BECHO O MÁIS LONXE POSIBLE DE NÓS.

 NON PODEMOS PASALAS POR ALTO EN NINGÚN MOMENTO.

DESFRACES HOUBO PARA TODOS OS GUSTOS, DENDE UNHA BANDA DE “MINIONS” ATA A CELEBRACIÓN DO ANO NOVO CHINÉS; MOTORISTAS SEN MOTO, FUTBOLISTAS CON E SEN BALÓN, EXPLORADORAS, ANIMAIS, WILLY FOG E RIGODÓN, XAPONESAS,...

TODAS AS CLASES SAÍRON AO PATIO A COLOCARSE NOS SITIOS ASIGNADOS PREVIAMENTE, PARA GARDAR DISTANCIAS ENTRE OS GRUPOS BURBULLAS.

CANDO CHEGARON OS TRES GRUPOS DE INFANTIL, O DIRECTOR, AVELINO LEMBRÓULLE A TODO O MUNDO QUE MALIA NON PODER ESTAR ESTE CURSO COMPARTINDO A FESTA COAS FAMILIAS, TIÑAMOS A BOA SORTE DE PODER COMPARTIR ESTA FESTA ENTRE TODOS NÓS, GARDANDO AS DISTANCIAS E SEN XUNTARSE CO ALUMNADO DOUTROS CURSOS.

COMEZOU O DESFILE COS CHINESES DE TRES ANOS QUE ÍAN DE ESTREA. DE SEGUIDO O DRAGÓN CHINÉS QUE LEVARON OS DE CATRO ANOS, E REMATOU INFANTIL COA SÚA BANDA DE CHINESES, CELEBRANDO TODO O CICLO O ANO NOVO CHINÉS.

SEGUIRON  DESFILANDO A RAPAZADA DE 1º CURSO ATA 6º DE PRIMARIA.

ESTE ANO CANDO CHEGOU CANTARICO, FOI PRIMEIRO POR TODOS OS GRUPOS PARA FACERSE UNHA FOTO DE LEMBRANZA.

4º EDUCACIÓN INFANTIL
5º EDUCACIÓN INFANTIL

6º EDUCACIÓN INFANTIL

1º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 E COMEZOU A CORRIDA DO GALO COA ESTREA DA RAPAZADA DE 4º DE INFANTIL QUE CORRÍAN POR VEZ PRIMEIRA DETRÁS DO GALO, TENTANDO CONSEGUIR MOITAS PLUMAS.


COMO A CANTARICO LLE QUEDARON ALGUNHAS PLUMAS, PUIDERON CORRER TRALO GALO OS NENOS E AS NENAS DE 5º e 6º DE INFANTIL.

O POBRE CANTARICO MARCHÓU DESPLUMADO PARA A SÚA CASIÑA. 

MERENDAMOS FÓRA, RESPECTANDO DISTANCIAS, REPARTIDOS POR TODO O RECINTO OS GRUPOS BURBULLA PARA PODER COMER BEN ESPALLADOS


 MERENDAMOS ORELLAS, FILLOAS, FOLLAS DE LIMÓN E FLORES QUE CADAQUEN TRUXO DA SÚA CASA.

DESPEDIREMOS O ENTROIDO DESTE CURSO CO ENTERRO DA SARDIÑA.

LEVA SEMPRE A MÁSCARA!                   

LAVA AS MANS!

FORA VIRUS!

martes, 9 de marzo de 2021

Dia da Muller

No colexio traballamos pola igualdade todos os días. Aínda así, o achegarse estas datas, incidimos un pouco máis neste tema.

Contactamos con tres ex alumnas do colexio para facer 8 de marzo   unha mesa redonda.  LorenaJessyca e Irene accederon de boa gana a participar con nós nesta actividade. As tres son traballadoras de éxito nas súas profesións. 

Lorena Condeactriz de teatro, escritora gañadora do III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil co seu libro “Velloucas e minchas” e actualmente profesora no IES Fragas do Eume.

Jessyca Ocampo: fotógrafa profesional; autora do libro o “Mapa do Medo” que recolle a testemuña de máis de 150 vítimas galegas acosadas en espazos públicos.

Irene Lages: médica ciruxiá no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Onte foi a videocoferencia con elas tres por cisco-webex.

Conectámonos en todas as clases á vez con elas agás Jéssyca, que gravou un agarimoso vídeo para nós (compartímolo ao principio).

Graciñas ás tres por compartir con nós o voso tempo nesta xornada tan especial e por facerlle ver ás rapazas e rapaces deste colexio, que con traballo, dedicación e esforzo poderán chegar a ser o que queiran.

A igualdade faise todos os días paseniño.