Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Terapia Canina.

OOOLA

Onte tivemos un obradoiro moi especial.


Viñeron TRUFA, UMA, ECO, e GOOFY, coas súas "nais" dos catro cans da asociación YARACAN para impartir un obradoiro de Educación en valores sobre a terapia con animais.
Primeiramente foi a quenda de 3º e  4º de primaria.

Comezaron cunha breve charla onde lles explicaron aos nenos que tiñan que entrar e saír da sala en silencio, usando lingua de signos para comunicarse cos cans. 

Tiñan que deixalos moverse  libremente e non acariñalos nun primeiro momento.
Xa dentro do ximnasio, as monitoras de YARACAN presentaron aos cans,  as súas características e como é o labor que realizan.

 Realizaron catro actividades nas que traballaron os valores de Solidariedade, Seres únicos e marabillosos, Traballo en equipo  Respecto

Na segunda quenda co alumnado de 5º e 6º os cans estaban un pouco cansos, aínda así realizaron as actividades previstas.

ATA LOGO!