Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio

Biblioteca do CEIP de Ponte Sampaio
Preme a imaxen para ver a nosa biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta Colaboración Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Colaboración Biblioteca. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2025

AS FAMILIAS CONTAN

 

Levamos xa uns cursos convidando ás familias a compartir arredor do mes dos libros, lecturas compartidas coas clases do seus fillos ou fillas.


Unha veces foi nas aulas, outras fóra.

Esta é unha pequena mostra das familias colaboradoras, máis foron máis as que participaron.




Agradecemos ás familias a participación e o tempo compartido.

martes, 13 de maio de 2025

Saída á biblioteca de Arcade.

  OOOOLA!!  

DENTRO DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLA BIBLIOTECA ARREDOR DA SEMANA DO LIBRO PROCURAMOS VISITAR A BIBLIOTECA DE REFERENCIA DA NOSA CONTORNA COA QUE COLABORAMOS DENDE HAI MÁIS DUNHA DÉCADA.


ESTE CURSO TODO O ALUMNADO DE E. INFANTIL, MAILO DO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA, ACHEGÁRONSE ESTE XOVES A ARCADE A VISITAR A BIBLIOTECA “LUÍS SEOANE”.

ACOMPAÑOUNOS O TEMPO E TIVEMOS UNHA ANDADA BEN AGRADABLE.

A PRIMEIRA QUENDA FOI PARA O ALUMNADO MÁIS CATIVO E AO REMATAR COMEZOU A VISITA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

MAR ESTABA ESPERÁNDONOS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA.

 ELA FOI QUEN LLES ENSINOU Á BIBLIOTECA E

AS SÚAS NORMAS CONSEGUINDO A ATENCIÓN DESTE PÚBLICO MIÚDO,
 DENDE O PRIMEIRO MOMENTO, COAS SÚAS ARTES DRAMÁTICAS.
LOGO DE FACERLLES A VISITA GUIADA, CHEGOU O MOMENTO DO CONTO.

ESCOLLEU, ENTROUTROS CONTOS O LIBRO DE ERIC CARLE

“ UN JUEGO ” 

E TODOS QUERÍAN XOGAR...

 E  A HISTORIA DE Daniela Kulot

“ UNHA PARELLA DIFERENTE ”

LOGO DE EXPLICARLLES MAR QUE DEIXARAN OS CONTOS NAS MESAS, TIVERON UN TEMPIÑO PARA LER E OLLAR

OS FONDOS DA BIBLIOTECA PARA INFANTIL.
CANDO CHEGOU A HORA DE MARCHAR Patricia, A BIBLIOTECARIA, AGASALLOU A CADA CATIVO CUN CONTO E

 UN MARCADOR, E CONVIDOUNOS TAMÉN A VISITAR A BIBLIOTECA COAS FAMILIAS  CANDO QUIXERAN.

AO SAÍR OS MÁIS PEQUENOS ENTROU A SEGUNDA QUENDA COA RAPAZADA DO 1º CICLO.

RECIBIUNOS NOVAMENTE MAR PARA FACER A VISITA GUIADA
 E EXPLICOULLES, MÁIS POLO MIÚDO, O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA.

GOZARON DUNHA CONTADA ANTES DE TER TEMPO LIBRE

PARA BUSCAR E LER OU SIMPLEMENTE OLLAR OS CONTOS QUE LLES RESULTARON MÁIS ATRACTIVOS DE TODA A COLECCIÓN DISPOÑIBLE.

REMATARON A VISITA GOZAR CON CALMA DOS DISTINTOS ESPAZOS DE LECTURA DAS INSTALACIÓNS.
E VAIA SE ASÍ O FIXERON!!

POLO CAMIÑO FIXÉRONSE  ESTA BONITA FOTO COMO LEMBRANZA DESTE DÍA.

SAÚDOS!!

martes, 25 de abril de 2023

Visita á Biblioteca Municipal de Arcade

 

O día de hoxe foi claramente literario e de Formación de Usuarios.

Todas as clases de infantil e 1º de Primaria foron de visita á Biblioteca de Arcade.

 Levabamos tres cursos sen poder achegarnos en grupo e hoxe continuamos a tradicional visita.

Fixemos un paseo ata Arcade e, como o día estaba anubrado, fomos lixeiriños.

Esperábanos Mar, unha monitora da Biblioteca. 

Primeiro de todo, as normas da visita...

Ensinounos como era a distribución dos espazos, presentounos a Rosana, explicounos moitas cousas máis sobre os libros e as súas diferentes formas e tamaños,
 contounos para que levan etiquetas e como funcionan esta e todas as bibliotecas (algúns xa sabiamos da nosa).

Leunos varios poemas do libros “O lapis primos” de José A. Ramírez Lozano, de OQO.

Tamén contou “Un agasallo diferente” de Marta Azcona, da editorial Kalandraka. 

Logo do conto, imaxinamos unha chea de cousas que podiamos facer co libro, a parte de lelo.

Cada un dos que estabamos alí foi dicindo o que se lle pasara polo maxín: paraugas, bandexa, abano, frisbi, moto, rascador de cabeza...

Aprendemos diferentes formas de aplaudir: aplauso de mosca, aplauso de chicle, aplauso de molinillo,...

Rematamos a visita gozando libremente dos fantásticos libros que alí había.

Contamos que despois desta visita aumente o número de socios.

mércores, 25 de novembro de 2020

25-N

 A comunidade educativa do CEIP de Ponte Sampaio rexeita a violencia de calquera tipo e este rexeitamento está todo o tempo presente en todas as nosas ensinanzas, actuacións e actividades.

Ao longo destes dias incidimos en profundidade no porqué do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebrou onte, 25 de novembro.

Na aula de 5º de primaria pensaron como sería posible cambiar o conto:


Preme aquí para ver máis

Mural 1º primaria

Traballamos sen mesturarnos nas distintas aulas e por quendas baixamos ao ximnasio para montar o mural colectivo que quedou exposto no patio de entrada onte. 

Preme aquí para ver como se fixo


xoves, 14 de maio de 2020

OOOLA!! 
Como vai ese ánimo?
Paseniño van abrindo os establecementos, pero o sentidiño que non falte.
Van xa dous meses e para non volver atrás hai que ter moito coidado e seguir todas as recomendacións moi ben.
O máis importante é lavar moi ben as mans e
 manter unha distancia de dous metros coa xente que atopemos.
Vale máis  ir amodo que rápido de máis.
Tráiovos unha boísima noticia.
Dende o luns xa está aberta a Biblioteca “Luís Seoane” en Arcade.
O horario é de 11 a 13.30 horas da mañá, iso si, con cita previa.
Antes de ir tedes que contactar por teléfono 986 700 291 ou mandando un email: biblioteca@soutomaior.com. tamén hai que levar máscara e luvas.
De calquera xeito, os préstamos están prorrogadas ata o 11 de xuño, así evitamos as aglomeracións nas devolucións destes dous meses.
Foto da parede na entrada á biblioteca.

Dende a biblioteca queren compartir con vós un xogo interactivo co gallo do 
 Día das Letras Galegas .
Se queredes participar precisades un enderezo electrónico para que vos manden as solucións e para participar nun sorteo dun lote de libros entre os/as que participedes.
 Premede no enlace  debaixo:
 Lembrade que tedes información sobre D.Ricardo Carballo Calero
na entrada anterior. Vaivos vir ben para facer este xogo😉

NON ESQUEZADES SEGUIR  ENVIANDO AS VOSAS COLABORACIÓNS.

ÁNIMO FAMILIAS!
XA QUEDA UN DÍA MENOS